Entries by Adminsitrador

Contra o ataque a Irán

Contra o imperialismo. Pola Paz Mundial A UPG considera o ataque desta noite por parte de EUA contra instalacións nucleares iranianas un grave paso adiante na escalada de morte e destrución provocada polo imperialismo, e unha ameaza directa á paz e á seguridade internacional.

17 de maio, Día das Letras Galegas. Paremos a emerxencia lingüística

Participa na multitudinaria foliada pola lingua este 17 de maio. Queremos Galego convócanos un ano máis a manifestarnos no día das nosas letras, o 17 de maio, cunha grande mobilización en Compostela que rematará nunha foliada pola lingua na Praza do Obradoiro. A plataforma cidadá sinala que será unha homenaxe masiva á lingua e a […]

Galiza pola paz. Contra o militarismo, a OTAN e a guerra

Diante da escalada belicista lanzamos a Plataforma Galega pola Paz, na que participa o noso Partido, para denunciarmos a falacia da autodefensa e a carreira armamentística en detrimento dos servizos públicos e para chamar a atención sobre o papel que está a xogar a OTAN.

Manifestación nacional de SOS Sanidade Pública este domingo 6 de abril

Desde a Unión do Povo Galego facemos un chamamento ao conxunto do pobo galego a sumarse de forma masiva á manifestación convocada pola Plataforma cidadá SOS Sanidade Pública que terá lugar este domingo 6 de abril, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá para reclamar máis atención primaria, máis atención hospitalaria e máis sanidade […]

50 anos da AN-PG

Neste ano 2025 fanse 50 anos da constitución da Asemblea Nacional-Popular Galega, AN-PG. Foi en abril de 1975, aproveitando a porta de liberdade que se abría para a loita pola liberación nacional galega coa Revolução dos Cravos, cando nacía na cidade de Porto a Asemblea Nacional Popular Galega, a primeira organización de masas do nacionalismo […]

Sobre a nova conxuntura política internacional

1.- Estamos ante unha situación internacional caracterizada por unha mudanza da posición xeo-estratéxica dos EUA, destinada a tentar restaurar o seu papel de imperio hexemónico. Por tanto, mesmo significando unha alteración das súas políticas e relacións coa UE, por unha parte, e con  Rusia, pola outra, a cuestión básica e central continúa a ser o […]

Homenaxe a Francisco Carballo este sábado 15 en Maceda

Este sábado 15 de marzo a partir das 11h terá lugar en Maceda unha homenaxe a Francisco Carballo polo centenario do seu nacemento. Os actos están organizados pola Asociación Amigos de Francisco Carballo e contan coa colaboración da Fundación Terra e Tempo.