Entries by Adminsitrador

Homenaxe a Francisco Carballo este sábado 15 en Maceda

Este sábado 15 de marzo a partir das 11h terá lugar en Maceda unha homenaxe a Francisco Carballo polo centenario do seu nacemento. Os actos están organizados pola Asociación Amigos de Francisco Carballo e contan coa colaboración da Fundación Terra e Tempo.

10 de marzo. Día da clase obreira galega

Como cada 10 de Marzo, o sindicalismo nacionalista conmemora as loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972 durante as que foron asasinados en Ferrol, pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel. Loitas que comezaron en Ferrol no mes de marzo e que, meses despois, se estenderon a Vigo por mellores […]

Diante das declaracións do presidente dos EUA ameazando o pobo palestino

A UPG condena as declaracións realizadas por Donald Trump, actual presidente dos EUA, nas que chamaba á expulsión do pobo palestino de Gaza, e o seu traslado a outros estados da rexión; e nas que manifestaba que sería o exército norteamericano o que se faría co control dese territorio, para posteriormente convertelo nunha zona privilexiada […]

Saúdo ao Partido Comunista do Vietnam polo seu 95 aniversario

O día 3 de febreiro cumpríronse os 95 anos da fundación do Partido Comunista do Vietnam, baixo a dirección de Ho Chi Minh, na Conferencia de Unificación de diversos grupos comunistas que actuaban no país. Con motivo dese aniversario, o noso Partido enviou un saúdo ao PCV que reproducimos a continuación.

Documento aprobado no Comité Central do 24 de xaneiro de 2025

Iniciamos un ano de grandes desafíos no ámbito social, político e organizativo, en que como Partido teremos que verificar os principais acordos do noso XVI Congreso e contribuír para levar á práctica as liñas estabelecidas na Asemblea Nacional do BNG que vén de decorrer.

XIX Congreso da UMG 2024

Achegamos o documento coas resolucións do XIX Congreso da Unión da Mocidade Galega que decorreu no Casal Ferreirós en Poio, o 11 de Maio de 2024. Baixo o lema “A loita continúa”, a UMG inaugura un novo período reafirmando o seu compromiso firme cos principios do nacionalismo e do marxismo-leninismo, e en intensificar a loita […]

XVI Congreso 2024

Velaí o documento coas resolucións do XVI Congreso da Unión do Povo Galego que tivo lugar en Compostela, o 7 de xullo de 2024, sob o lema “60 anos de loita pola soberanía da Galiza e o socialismo”. No libro recóllense as Teses aprobadas, os Estatutos e o Programa, así como o discurso de apertura […]