A Mesa lanza a campaña “Iniciativa Xabarín” por unha canle infantil e xuvenil en galego na TVG

A Mesa por la Normalización Lingüística lanzou una Iniciativa Popular para que a TVG aumente a súa programación infantil e xuvenil en galego a través dunha canle “Xabarín”, dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir contidos educativos e de produción galega.


Ademais, a Proposición non de Lei de Iniciativa Popular en marcha solicita que a a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación da canle específica infantil e xuvenil.
Tamén insta a Xunta de Galiza a chegar a acordos con outras administracións e empresas (TVE, Movistar, Netflix, HBO,…) co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como levar a cabo a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Dende a Unión do Povo Galego apoiamos esta iniciativa e facemos un chamamento a colaborar coa campaña de distintos xeitos:
•    Coa túa sinatura nos pregos verificados pola Xunta Electoral que estarán en diversos puntos de Galiza nas próximas semanas.
•    Se tes un estabelecemento aberto ao público e queres participar na rede de recollida de sinaturas ou queres recollelas individualmente, fáinolo saber a través do correo xabarintv@amesa.gal.
•    Precisamos de difusión: comparte esta iniciativa coas túas amizades e anímaas a asinar. Tamén habilitaremos unha páxina web onde teremos toda a información e materiais para descargar.
•    Doazóns: para quen quixer contribuír a soster economicamente esta campaña, habilitaremos nos próximos días diferentes vías de doazón. Mentres pódense facer nesta ligazón