Presentación en Lugo do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

Esta quinta feira, 8 de febreiro, ás 20h no Centro de Convivencia Maruxa Mallo de Lugo, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

O nacionalismo homenaxea a Castelao reivindicando o seu ideario e os dereitos nacionais da Galiza

Neste pasado sábado o Bloque Nacionalista Galego desenvolveu o seu tradicional acto de homenaxe a Castelao co que dá inicio ao ano político. Nesta ocasión tomaron a palabra nun ateigado auditorio municipal de Rianxo, Elvira Blanco, responsábel comarcal de Galiza Nova na Barbanza, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG.

Destacou no discurso da Portavoz Nacional a necesidade de defender os dereitos nacionais da Galiza nun momento político en que  o debate político no estado español está centrado nese ámbito e cada vez é máis evidente que son as forzas soberanistas as que están a pór en cuestión o réxime da restauración borbónica de 1978. Nese sentido, Galiza corre o risco de ficar desaparecida dada a actitude submisa e españolista do presidente Feixóo, polo que é preciso que sexa o nacionalismo o que manteña viva a bandeira nacional de Galiza e o seu dereito á soberanía política.

“Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito,un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d´amore con outras soberanías, contr´as que non vai nin quér ire a soberanía nosa”. Esta declaración final da Asemblea Nacionalista de Lugo, da que se fan 100 anos neste 2018, foi recordada por Ana Pontón para pór en destaque a nosa tradición e o noso horizonte.

Tamén tivo palabras para sinalar o desafío das eleccións municipais do ano que vén, animando o conxunto da militancia nacionalista a se pór xa no traballo da súa preparación e a enfrontalas con entusiasmo e optimismo, reivindicando o labor que os gobernos municipais do BNG están a desenvolver polo conxunto da nación, como exemplo de que outras formas de gobernar, transformadoras e ao servizo do pobo, son posíbeis de executar.

Finalmente tivo palabras no seu discurso para lembrar o asasinato de Diana Quer e de todas as vítimas da violencia machista, sinalando que cada ano máis de 5.000 mulleres galegas poñen denuncias nos xulgados. “Sabemos que a fin da violencia machista non vai vir polo Código Penal, senón que a resposta está na educación” indicou e advertiu que “as mulleres perdemos o medo e non imos deixar de camiñar soas polas rúas, nin de noite nin de día”.

A homenaxe a Castelao finalizou cunha ofrenda floral e o canto do Himno Nacional ante o busto do histórico nacionalista no paseo da Ribeira de Rianxo.

Presentación en Vigo do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

Esta segunda feira, 11 de decembro, ás 20:15h na Libraría Cartabón en Vigo, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

Presentación en Ourense do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira quinta feira, 30 de novembro, ás 20:15h no Café Cultural Auriense de Ourense, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

Presentación en Ferrol do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira sexta feira, 24 de novembro, ás 20:00h no Antigo Hospicio de Ferrol, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

Presentación en Pontevedra do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira sexta feira, 24 de novembro, ás 20:00h no Centro Social do Gorgullón en Pontevedra, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

Presentación en Compostela do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira terza feira, 14 de novembro, ás 20:00h no Centro Social das Fontiñas en Compostela, iniciamos as presentacións do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Read more

A Revolución Soviética e a cuestión nacional

A Fundación Terra e Tempo conmemora o centenario da Revolución de Outubro de 1917 publicando un número monográfico do Terra e Tempo, que baixo o título A Revolución Soviética e a cuestión nacional analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Read more

Resolución do Comité Central da UPG sobre o momento político e a actuación a desenvolver

Estamos a vivir un momento político singular, que muda de forma significativa os parámetros do debate político e que exixe, por tanto, tamén unha análise e unha actuación pola nosa parte adecuada ao este contexto. Estamos, sen dúbida, diante da maior crise política do rexime español en máis de 40 anos. Unha crise que, para alén de pór ao descuberto para sectores máis amplos da poboación o seu carácter profundamente antidemocrático, cuestiona directamente a estrutura unitaria e imperialista do Estado español e coloca sobre a mesa o debate sobre os dereitos das nacións. E isto, con este carácter xeral, acontece por vez primeira desde a chamada Transición. É verdade que o debate se está a producir -polo menos no noso País- cunha enorme agresividade política contra o nacionalismo, coa prensa do sistema a facer uso de toda a artillaría de manipulación e desinformación na súa campaña de combate ao soberanismo. Mais isto -que certamente implica unha dificultade- é a máis clara evidencia da profundidade da crise do rexime español e do risco que a independencia da Cataluña -e, en xeral, os movementos de liberación nacional- representan para a súa supervivencia. Read more

O Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara inicia as súas actividades

Neste mes de outubro cúmprense 50 anos do asasinato do Che en Bolivia, nunha operación dirixida polos servizos de intelixencia norteamericanos. Diante desa efeméride, e seguindo o chamamento do Comité Internacional de Conmemoración, diversas organizacións galegas dos ámbitos político, sindical e social adoptamos, no mes de xullo deste ano, a decisión de constituír un Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara.

O Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara considera que a figura e o  pensamento de Ernesto Guevara son merecentes de divulgación, estudo e homenaxe, debido á súa traxectoria de loita, á súa práctica internacionalista e antiimperialista e á lectura dialéctica do marxismo que realizou, comprendendo que a loita dos pobos pola súa liberdade está indisolubelmente unida á loita polo socialismo. Consideramos ademais que é preciso recuperar o pensamento de quen foi un dos humanistas e revolucionarios máis importantes do século XX fronte á mercantilización da súa figura por parte de aqueles contra os que sempre loitou.

Nese sentido neste mes de outubro iniciaremos diversas actividades para cumprir eses obxectivos de homenaxe, estudo e divulgación da figura do Che Guevara. Desenvolveranse palestras abertas ao debate nas sete cidades galegas e en diversas vilas nas que contaremos coas intervencións de membros da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e onde proxectaremos o documental “Cuando pienso en el Che (testimonio de Fidel Castro)”. A palestra de inicio será o vindeiro martes 10 de outubro ás 20:30 h na Libraría Pedreira de Santiago Compostela.

Igualmente desenvolveremos distintas conferencias para coñecer os diversos aspectos desta figura tan relevante do século XX. A primeira dela desenvolverase o xoves 19 de outubro na Facultade de Filosofía da USC en Compostela é será impartida pola socióloga e historiadora cubana María del Carmen Ariet, Coordenadora do Centro de Estudos Che Guevara da Habana.

A maiores das diversas palestras e conferencias que durante estes meses desenvolveremos por toda Galiza para homenaxear a dar a coñecer a figura do Che Guevara co gallo do 50 aniversario do seu asasinato, está tamén previsto realizar no mes de febreiro un gran festival na súa memoria no Teatro Principal de Compostela, e onde contaremos con referentes do mundo social e cultural da Galiza e do que xa iremos informando.

Xa por último informar que o Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara está aberto á integración e participación activa no mesmo de todas as organizacións galegas que concorden nos obxectivos propostos, e que se queiran sumar a colaborar na organización e participación de todas estas actividades.