A UPG mantén a vixencia do seu ideario no acto político polo seu 50 aniversario. Reafirma a súa aposta na soberanía e na conquista da República Galega, co BNG como referencia.

Un acto político, no que tamén houbo lugar para as emocións, foi o formato utilizado para celebrar o cincuenta aniversario da UPG, que se cumpre este 25 de Xullo e que festexou no Pazo de Congresos de Compostela, ante perto de 1000 persoas entre militantes e simpatizantes. Ler máis

50 aniversario da UPG

A Unión do Povo Galego, UPG, fará o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega, 50 anos de existencia ao servizo de Galiza e do povo galego. Con tal motivo realizarase un acto político e de confraternidade, para conmemorarmos tan simbólica data e preparármonos con novos azos para os retos que agardan ao movemento nacionalista galego. Ler máis

Homenaxe a Reboiras no 38 aniversario do seu asasinato

Neste 2013 a Unión do Povo Galego vai homenaxear como todos os anos ao noso camarada Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol o 12 de agosto de 1975. Os actos públicos convocados consistirán nunha ofrenda floral ás 19 horas no portal da rúa da Terra onde foi abatido e un acto político inmediatamente despois, ás 19:30 horas, na Alameda do Cantón. Desta volta para convocar os mesmos decidimos espallar por toda a Galiza a publicación da vida de Reboiras a través dun relato en Banda Deseñada que permitira un achegamento didáctico á contribución deste militante nacionalista á causa do país. O traballo, realizado grazas ao recoñecido ilustrador gráfico Tokio, está editado en formato papel e disponíbel tamén en dixital.

Ás 7 da tarde haberá unha concentración diante da Casa do Concello de Ferrol para saír cara o portal da rúa da Terra Ler máis

Conclusións da Conferencia Nacional da UPG

A Unión do Povo Galego realizou unha Conferencia Nacional o pasado sábado, 19 de xaneiro de 2013. A Conferencia quería propiciar unha análise dentro do Partido sobre o momento actual do nacionalismo galego. Despois de que rematase a primeira fase de debate no seo do BNG -ao longo de decembro e primeiras semanas de xaneiro-, tamén quixemos contribuír colectivamente para o suceso dese proceso de reflexión que concluirá na próxima Asemblea Nacional.

Ler máis

Autocolante de 1967

A caída do ano 1967

A historia dunha forza política como a Unión do Povo Galego, que nace e medra na clandestinidade, neste caso na oposición ao fascismo, é necesariamente unha historia de represión e sufrimento. Unha páxina destacada nesta crónica de loita e terror vai ser o reparto masivo de propaganda esixindo a liberdade para Galiza e a detención de varias ducias de galegos no Nadal de 1967. Sirvan estas letras para clarificar algúns dos feitos da vida do Partido, fuxindo da categoría de anécdota, agardando que contribúan a ir construíndo a historia do mesmo, tarefa até hoxe postergada, unhas veces polo recato, outras polo desleixo e as máis polo sectarismo de quen gozan co monopolio da sapiencia sobre o tema.

Ler máis

Na defensa da Terra! (As Encrobas, Xove, Baldaio)

O 22 de abril celébrase o Día Internacional da  Terra. Non é ese o motivo polo que hoxe publicamos na web o audivisual “Na defensa da terra”.  Trátase dun video realizado en formato VHS pola Unión do Povo Galego en  novembro de 1994, a partir de imaxes do arquivo da UPG e  que foron filmadas en super 8 por Carlos Varela (1945-1980).

Ler máis