Este sábado 15 de marzo a partir das 11h terá lugar en Maceda unha homenaxe a Francisco Carballo polo centenario do seu nacemento. Os actos están organizados pola Asociación Amigos de Francisco Carballo e contan coa colaboración da Fundación Terra e Tempo.
https://upg.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025_03_15_homenaxe_Francisco_Carballo_page-0001-1-e1741779983548.jpg14351296Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2025-03-12 12:46:422025-03-12 12:58:55Homenaxe a Francisco Carballo este sábado 15 en Maceda
Como cada 10 de Marzo, o sindicalismo nacionalista conmemora as loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972 durante as que foron asasinados en Ferrol, pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel. Loitas que comezaron en Ferrol no mes de marzo e que, meses despois, se estenderon a Vigo por mellores condicións de traballo e por defender a negociación colectiva en Galiza.
https://upg.gal/wp-content/uploads/2025/03/10m-1.png165543Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2025-03-07 17:01:342025-03-07 17:16:0310 de marzo. Día da clase obreira galega
https://upg.gal/wp-content/uploads/2025/03/cig8m25-Copia.jpg236384Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2025-03-05 13:22:152025-03-06 09:20:148 de Marzo – Día Internacional das Mulleres Traballadoras
Iniciamos un ano de grandes desafíos no ámbito social, político e organizativo, en que como Partido teremos que verificar os principais acordos do noso XVI Congreso e contribuír para levar á práctica as liñas estabelecidas na Asemblea Nacional do BNG que vén de decorrer.
https://upg.gal/wp-content/uploads/2025/01/2023072516272749811.jpg6321500Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2025-01-31 18:28:352025-02-10 13:23:45Documento aprobado no Comité Central do 24 de xaneiro de 2025
Velaí o documento coas resolucións do XVI Congreso da Unión do Povo Galego que tivo lugar en Compostela, o 7 de xullo de 2024, sob o lema “60 anos de loita pola soberanía da Galiza e o socialismo”. No libro recóllense as Teses aprobadas, os Estatutos e o Programa, así como o discurso de apertura e o de clausura a cargo do Secretario Xeral da UPG, Néstor Rego. Tamén se inclúen no libro a composición do novo Comité Central, así como as delegacións convidadas presentes e os saúdos recibidos.
O vindeiro sábado 21 de decembro a partir das 18:30h desenvolverase o acto de conmemoración do 60 aniversario da Unión do Povo Galego. O acto terá lugar no Salón de Convencións do CINC na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Read more
https://upg.gal/wp-content/uploads/2024/12/60-aniversario-portada.jpg6301500Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2024-12-10 19:39:402024-12-18 19:54:4521 de decembro, acto de conmemoración do 60 aniversario da UPG
O 12 de agosto de 1975, a policía española asasinaba a sangre fría ao noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, derradeira vítima do franquismo en Galiza. A súa morte é o exemplo máis cruel da encarnizada persecución que padeceu a militancia da UPG durante o treito final da ditadura. Unha brutal represión coa que o réxime español pretendía aniquilar a determinación patriótica de quen apostaban na loita por unha Galiza libre, soberana e socialista, así como o seu empeño permanente en dotar ao povo galego de forzas propias, sen dependencias alleas, en todos os ámbitos. Acreditando na autoorganización como único vieiro para as clases traballadoras da Galiza conquistarmos un futuro que o Estado español e a súa clase dominante nos negan.
https://upg.gal/wp-content/uploads/2024/11/moncho-reboiras_50-anos.jpg10051101Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2024-11-27 16:27:552024-11-27 16:47:5250 anos do asasinato de Moncho Reboiras
Posición da UPG diante da XVIII Asemblea Nacional do BNG
A XVIII Asemblea Nacional do BNG debe ser a oportunidade para definir acertadamente as liñas de actuación para superar con éxito un desafío esencial: una frente nacionalista máis ampla, máis forte, máis plural e con máis presenza e capacidade de influencia social que permita atinxir a hexemonía social, paso imprescindíbel no camiño da soberanía. Read more
https://upg.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024102812173212261-1030x431-1.jpg270350Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2024-11-25 12:41:532024-11-27 16:49:27Por un nacionalismo forte e plural a camiño da soberanía
Estamos nun momento en que temos, quer como Partido, quer como nacionalismo, desafíos importantes que enfrentar no inmediato. Por una parte, no ámbito do traballo político social e institucional; por outra, nos debates que é preciso desenvolver para construír un BNG máis forte e sólido, mellor organizado e con maior capacidade de influencia e intervención social. Read more
https://upg.gal/wp-content/uploads/2024/01/Web-cc.jpg6301500Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2024-10-09 19:47:152024-10-09 19:47:15Documento aprobado polo Comité Central do 28 de setembro de 2024
Este sábado 14 de setembro terán lugar en San Cibrao das Las, San Amaro, os actos de lembranza ao camarada Bautista Álvarez no seu VII cabodano. Read more
https://upg.gal/wp-content/uploads/2024/11/bautista-2024-web-1030x4281.jpg270350Adminsitradorhttps://upg.gal/wp-content/uploads/2017/05/logotipo-UPG.jpgAdminsitrador2024-09-09 18:16:162024-11-06 12:34:37Actos en lembranza de Bautista Álvarez