Conferencia sobre a lingua de Pilar García Negro
Conferencia de Pilar García Negro o 12 de agosto do 2019 en Fene, como parte do Tributo a Moncho Reboiras
Conferencia de Pilar García Negro o 12 de agosto do 2019 en Fene, como parte do Tributo a Moncho Reboiras
Texto da intervención no Congreso sobre a moción de censura presentada por Vox
Por se alguén aínda non o sabía, vostedes hoxe aquí reafirmaron que son un partido totalitario e fascista. Fixérono coa totalidade dos seus discursos e fíxoo o candidato afirmando, máis unha vez, que este goberno é o peor en 80 anos, asumindo por tanto como positivos o goberno de 40 anos de ditadura criminal fascista, que supuxo non só pobreza, miseria e falta de liberdade senón tamén prisión, tortura e morte para todas as persoas que disentían e que defendían algo tan elemental como a dignidade e a liberdade. Na Galiza, máis de 6.000 persoas asasinadas, a maioría aínda nas cunetas. Ler máis →
É claro que o nacionalismo saíu moi reforzado das pasadas eleccións galegas, após o grande resultado electoral do BNG. Analizar correctamente as chaves dese resultado é fundamental para acertar tamén nos próximos pasos a dar. Co obxectivo de contribuír para que o nacionalismo continúe avanzando e fortalecéndose, o Comité Central da UPG debateu e tirou as seguintes conclusións: Ler máis →
O pasado 16 de setembro no cemiterio de San Cibrao das Las en San Amaro a Unión do Povo Galego realizamos un acto de homenaxe ao noso camarada Bautista Álvarez no terceiro cabodano do seu pasamento.
Con esta homenaxe desde UPG quixemos honrar a figura dunha persoa transcendental para a configuración e expansión do nacionalismo galego actual, e ao mesmo tempo lembrar o seu exemplo de compromiso e militancia coa nosa nación e de coherencia entre os principios e a práctica política.
No acto de tributo tomaron a palabra, Daniel Gómez, secretario de zona da UPG en Ourense, e Francisco García, membro do Comité Central da UPG, quen lembrou a figura de Bautista, tanto desde unha perspectiva política e o seu fundamental contributo á construción e avanzo do nacionalismo galego, como desde a perspectiva persoal e humana.
Tres anos sen Bautista, mais sempre coa súa memoria e o exemplo dunha coherente traxectoria de loita por unha Galiza libre e socialista. Toda unha vida ao servizo da nosa Patria e do noso pobo.
BAUTISTA ÁLVAREZ, PATRIOTA GALEGO.
A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 45 anos, os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, cuarta feira, na cidade de Ferrol. Ler máis →
Este mes de agosto en que se fan 45 anos do asasinato de Moncho Reboiras chega á gran pantalla o primeiro filme sobre o histórico nacionalista. Reboiras. Acción e corazón é unha longametraxe documental dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo. Ler máis →
Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do povo galego a celebrar colectivamente o Día da Patria Galega. Este ano o BNG convoca baixo o lema Construíndo unha nova Galiza, dandolle continuidade ao lema da recente campaña das eleccións galegas, e nunha edición moi especial xa que este 25 de xullo conmemoramos o centenario desta data senlleira auspiciada no seu comezo polas Irmandades da Fala.
Por mor do contexto da COVID-19, nesta edición o BNG organiza un Día da Patria expansivo e descentralizado nas sete cidades galegas, mais mantendo a Praza da Quintana en Compostela como punto de encontro, máis cun aforo limitado.
Ao remate dos actos nas cidades galegas, coa intervención tanto das e dos referentes locais como das e dos deputados electas, conectarase en directo coa Praza da Quintana, onde se desenvolverán as intervencións nacionais e cantarase xunto ao resto do pais o noso himno nacional.
A conmemoración vai estar acompañada dun reparto masivo da bandeira galega e, aínda que non se terá lugar a tradicional manifestación que cada ano congrega a milleiros de persoas nas rúas de Compostela, si haberá unha marcha do millar de participantes do acto posterior da Quintana que partirá da Alameda, seguindo de xeito escrupuloso as medidas de seguridade sanitaria.
Se queres participar nos actos programados para o Día da Patria tes que porte en contacto coa persoa responsábel de cada acto, que che dará as instrucións a seguir para formar parte da conmemoración destes 100 anos de loita pola soberanía do País.
Animamos ao conxunto da militancia e base social nacionalista a participar dos actos e a pendurar a bandeira da Patria na xanela, varanda ou calquera espazo exterior das súas casas.
De seguido a relación de actos e contactos:
COMPOSTELA
12.00 horas: manifestación con saída dende a Alameda. Remate na praza da Quintana con acto político.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 981.554.167 / compostela@bng.gal
A CORUÑA
12.00 horas: Acto político nos xardíns de Méndez Núñez.
Contacto para confirmar asistencia. Tfne. 669.381.398 / acoruna@bng.gal
FERROL
12.00 horas: Acto político no Cantón de Molíns.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 606.711.650 / ferrolterra@bng.gal
PONTEVEDRA
12.00 horas: Acto político no parque Rosalía de Castro.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne 986.866.205 / pontevedra@bng.gal
VIGO
12.00 horas: Acto político na praza da Estrela.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 986.447.300 / vigo@bng.gal
LUGO
12.00 horas: Acto político na praza Maior.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 982.280.410 / lugocentro@bng.gal
OURENSE
12.00 horas: Acto político no parque Barbaña.
Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 678.017.945 / ourense@bng.gal
Os resultados electorais alcanzados polo BNG nas Eleccións Galegas son excepcionais tanto do punto de vista cuantitativo como cualitativo. Triplicar votos e representación, conseguido o maior número de deputad@s da historia; superar o PSOE e situarse como a forza que lidera a oposición e se referencia como clara alternativa ao Goberno do Partido Popular, e hexemonizar claramente o espazo do nacionalismo e da esquerda representa un éxito político que coloca o BNG nunha moi boa posición para consolidar a súa capacidade de intervención política e social e para continuar a avanzar. Ler máis →
No próximo 12 de xullo temos unha grande oportunidade de que as cousas comecen a mudar de forma decisiva. A oportunidade de que a Galiza se exprese e se reafirme como a nación que é. A oportunidade de fortalecer o nacionalismo e de facelo determinante na vida política do País. Esa é de por si xa unha grande mudanza. Ou, polo menos, a premisa para que as cousas comecen a cambiar para mellor após 11 anos de gobernos submisos e entreguistas do Partido Popular e de Feixoo. Ler máis →
Neste 17 de maio tan particular, o galego sae do confinamento para celebrar o día das Letras Galegas, que nesta edición homenaxean a Carvalho Calero.
Dende a plataforma Queremos Galego fan unha convocatoria co seguinte programa:
Todo o día:
Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí (tamén para pintaren as nenas e nenos)
Ás 12h:
Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego
Ás 13h: Sae á xanela a cantar: A fala (letra: Manuel María; música Uxía- Sérgio Tannus)
Desde a Unión do Povo Galego chamamos a participar nos actos do 17 de maio, e seguir demostrando que a nosa lingua está moi viva.