Documento aprobado no Comité Central do 9 de setembro de 2023

O Comité Central da UPG reunido o pasado 9 de setembro aprobou o documento que vai a continuación a respecto da nosa análise para o contexto actual e as propostas de actuación política para ese contexto. O documento está sendo sometido a debate nas asembleas comarcais do Partido que se están a desenvolver no conxunto da nación. Read more

Actos en lembraza de Bautista Álvarez

Esta sexta feira 15 de setembro, desenvolveremos os actos en lembranza do camarada Bautista Álvarez no seu VI cabodano. Read more

Actos de tributo a Moncho Reboiras 2023

A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 48, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse o vindeiro sábado 12 de agosto baixo o programa que se anexa.

ACTOS CONMEMORATIVOS:

DODRO.

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral. Intervencións de Xoán Bautista Mariño, portavoz do BNG en Dodro e Manel Casal, Secretario Nacional de Organización da UPG

FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Suso Seixo: “A OTAN, ferramenta do imperialismo”
FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral, intervención de Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas no Cantón.

Mercedes Tobío (Secretariado Político da UPG e Responsábel comarcal do BNG de Ferrolterra)

Paulo Alonso (Secretariado da UMG)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso)

Ao remate, canto do himno galego.

O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos ligazón coa localización: https://www.google.com/maps/place/ACRD+O+POTE+de+Mani%C3%B1os/@43.4522514,-8.1991662,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0xa3ca60d015e99358!8m2!3d43.4522514!4d-8.1991662

O prezo do xantar é de 20 € (empanada, arroz con polo, postres, café, viño ou auga) existindo tamén a posibilidade de asistir levando o teu propio xantar. Tanto nun caso coma noutro será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas e a opción pola que optas. A data límite para se anotar será a quinta feira 10 de agosto.

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.

1º de Maio. Fagamos fente ao espolio e á dependencia

Estamos a vivir unha situación social e económica moi difícil para as clases populares galegas. Con unha espiral xeneralizada da suba dos prezos e da inflación, por unha crise industrial prolongada, polo espolio do noso País e pola falta de capacidade política para reaxir. Read more

Acordos do Comité Central de marzo de 2023

O Comité Central da UPG reunido o pasado 4 de marzo aprobou o documento que vai a continuación a respecto da nosa análise para o contexto actual e as propostas de actuación política para ese contexto. O documento está sendo sometido a debate nas asembleas comarcais do Partido que se están a desenvolver no conxunto da nación. Read more

Non é unha crise de prezos, é unha estafa. Mobilización nacional o domingo 18 de decembro

Este domingo 18 de decembro ás 12h na Alameda de Compostela, o BNG convoca unha manifestación nacional baixo o lema “Non é unha crise de prezos, é unha estafa”. Para reclamar medidas realmente eficaces ante a situación de suba de prezos e crise que estamos a padecer. Read more

Acto nacional de tributo a Bautista Álvarez

Neste ano 2022 no que se cumpren cinco anos do pasamento do noso camarada Bautista Álvarez, o Comité Central da UPG acordou realizar un acto nacional de lembranza e tributo ao que foi figura fundamental para o nacionalismo galego e para o noso Partido. Read more

Tributo a Moncho Reboiras 2022

A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 47, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira sexta feira 12 de agosto baixo o programa que se anexa.

ACTOS CONMEMORATIVOS

DODRO
Cemiterio de Imo.Ás 12:00h. Ofrenda floral.FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Duarte Correa: “Novos desafíos no marco internacional”

 

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas na Praza de Armas.

Manuel Polo (Secretario de Zona e concelleiro do BNG en Fene)

Iria Carreira (Secretaria Xeral da UMG e deputada no Parlamento Galego)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso)

Ao remate, canto do himno galego.

 

O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos ligazón coa localización: https://www.google.com/maps/place/ACRD+O+POTE+de+Mani%C3%B1os/@43.4522514,-8.1991662,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0xa3ca60d015e99358!8m2!3d43.4522514!4d-8.1991662

O prezo do xantar é de 20 € (empanada, arroz con polo, postres, café, viño ou auga) existindo tamén a posibilidade de asistir levando o teu propio xantar. Tanto nun caso coma noutro será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas e a opción pola que optas. A data límite para se anotar será cuarta feira 10 de agosto.

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.

25 de Xullo, Día da Patria Galega. Independencia para a Galiza avanzar

Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do pobo galego a celebrar colectivamente o Día da Patria Galega. Read more

Nova edición do Convivio da Cultura Galega

Un ano máis, a IX edición,  a Federación Galiza Cultura convoca o “Convivio da Cultura Galega” en Outeiro de Rei na Casa Museo Manuel María este sábado 9 de xullo. Read more