Boletín internacional nº6

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 6 neste mes de setembro, número adicado ao 50 aniversario da fundación do noso Partido. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares de información.

A UPG asina con outros partidos comunistas unha Declaración de solidariedade co Partido Comunista da Ucraína

Declaración conxunta de solidariedade co Partido Comunista da Ucraína

Os partidos comunistas abaixo asinantes expresamos a nosa máis firme condena á persecución que o Partido Comunista da Ucraína está sufrindo nos últimos meses. Read more

A UPG é un dos partidos asinantes dunha declaración de solidariedade co povo chipriota cando se cumpren os 40 anos da ocupación de parte do seu territorio

Declaración de solidariedade dos partidos comunistas, obreiros e progresistas pola liberación e a reunificación de Chipre, con motivo do cuadraxésimo aniversario do golpe de Estado , a invasión turca e a ocupación.

– Lembrando que hai corenta anos, en xullo de 1974, a xunta militar de Atenas e o fascista EOKA-B foron tramando un golpe de Estado contra o Presidente electo da República de Chipre, o arzobispo Makarios III, Read more

A UPG asina o comunicado común dos Partidos Comunistas e Operarios polo fin imediato do masacre do povo de Palestina

Comunicado Comum dos Partidos Comunistas e Operários

Pelo fim imediato do massacre do povo da Palestina

Os partidos comunistas e operários que assinam este Comunicado Comum condenam o assalto bárbaro e criminoso do estado de Israel contra o povo da Palestina. Read more

Paremos o xenocidio do Povo Palestino

A Unión do Povo Galego condena a actuación xenocida do goberno sionista de Israel contra o povo palestino na franxa de Gaza, unha actuación que se enmarca  na decisión de Israel de impedir cun baño de sangue inocente que Palestina poida convertirse en estado independente exercendo o seu lexítimo dereito de autodeterminación. Read more

A UPG participará no XVIII Seminario Internacional que organiza o Partido do Traballo de México

A UPG asistirá unha vez máis ao “Seminario Internacional Los Partidos y la nueva Sociedad”, que desde hai XVIII anos organiza en Cidade de México o Partido do Traballo de México. Neste evento que ten por obxectivo reflexionar desde un punto de vista progresista e anti-imperialista sobre a realidade internacional participan organizacións políticas, sindicais e sociais e intelectuais dos cinco continentes.

O temario a desenvolver neste seminario internacional estará composto de tres grandes bloques:
Nun primeiro analizarase a crise internacional dende a perspectiva dos recursos naturais e enerxéticos. Un segundo bloque onde se debatirá sobre construción, balance e perspectivas dos procesos de integración rexional, a súa vinculación aos proxectos alternativos de nación, así como ao poder popular e a integración social. E finalmente un terceiro bloque centrado en temas de coxuntura, concretamente nos novos procesos mundiais de redefinición xeoeconómica e xeopolítica e os problemas de colonialismo e neocolonialismo no mundo.

Boletín Internacional nº 5

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 5 no mes de novembro do 2013, en portugués, inglés e español, que distribuiu polos cinco continentes e  fixoo chegar a varias ducias de organizacións e partidos cos que a Unión do Povo Galego mantén intercambios regulares de información.

A UPG asina un comunicado, xunto a 75 Partidos de todo o mundo, contra o ataque militar imperialista a Siria

A UPG é un dos 75 Partidos de todo o mundo que asinan un comunicado contra o ataque militar imperialista a Siria, o texto é o seguinte:

Os Partidos Comunistas e Obreiros expresamos a nosa solidariedade co pobo sirio e condenamos o ataque militar contra Siria que está a ser preparado polos imperialistas da EE.UU., da OTAN e da UE xunto cos seus aliados para a promoción dos seus intereses na rexión.

Rexeitamos os pretextos imperialistas que, como se demostrou, foran utilizados tamén na guerra contra Iraq e nas demais guerras imperialistas contra Iugoslavia, Afganistán e Libia.

Chamamos á clase obreira, aos pobos en todo o mundo para combater e condenar a nova guerra imperialista, esixir que os gobernos dos seus países non se impliquen nin apoien o ataque militar criminal.

Boletín Internacional nº 4

Recentemente a Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional en galego, inglés e español que distribuiu polos cinco continentes. Esta é a versión orixinal en galego.

Boletín Internacional nº 3

A altura de Marzo de 2011, a Secretaría de Relacións Internacionais da UPG editou o número 3 do seu “Boletín Internacional” e fixoo chegar a varias ducias de organizacións e partidos cos que a Unión do Povo Galego mantén intercambios regulares de información. Este boletín, do que tamén se fixeron edicións en inglés e español, céntrase en analizar as alternativas lanzadas polo sindicalismo nacionalista ante a situación socio-económica de Galiza.