Declaración en solidariedade co pobo peruano

A Unión do Povo Galego quere facer público o seu apoio á loita do pobo peruano, que desde hai semanas sofre unha brutal represión a mans do exército e da policía, unha represión que matou xa a 55 persoas, feriu a varios centos e ten a un importante número de persoas detidas. Unha represión que responde ás orde de unha elite peruana que por primeira vez na súa historia veu en serio perigo o seu poder. Ler máis

Estamos com o povo brasileiro, contra o golpismo!

Diante da actuação de seguidores do ex-presidente Jair Bolsonaro, que no dia de ontem assaltaram diversos edifícios oficiais em Brasília, queremos mostrar a nossa total solidariedade com o povo do Brasil.

Com esta atitude violenta, a direita brasileira quer impedir que o governo de Lula da Silva, aprofundando na postura de não reconhecer os resultados das eleições presidências.

Não é a primeira vez que na América Latina, e em concreto no Brasil, as elites empregam mecanismos anti-democráticos para derrubar governos que vão contra dos seus interesses e buscam pôr em prática políticas em favor das maiorias; temos na memoría os processos contra Lula e o seu passo pelo cárcere corrente acusados de delitos que não cometeu, e o processo de destituição de Dilma Rousseff.

Condenamos o golpìsmo e as amenazas fascistas ao tempo que reiteramos o nosso apoio nestas complicadas circunstâncias à esquerda brasileira, ao PCdoB, ao PT e ao presidente Lula da Silva; umas circunstâncias que temos confiança em que superarão para avançar na construção de um Brasil soberano e de justiça social.
Galiza, 9 de janeiro de 2023

Secretaria de Relações Internacionais

União do Povo Galego

55 aniversario da FPLP

A Frente Popular de Liberación de Palestina-FPLP, vén de conmemorar o 55 aniversario da súa fundación coa celebración dun masivo acto político en Gaza, no que participaron miles de militantes e simpatizantes. O noso partido enviou un saúdo á FPLP que reproducimos de seguido.

Ler máis

Saudamos a vitoria do Pacto Histórico en Colombia

A UPG saúda a vitoria da candidatura do Pacto Histórico nas Eleccións Presidenciais celebradas onte en Colombia; unha vitoria que co acceso de Gustavo Petro á Presidencia do país e Francia Márquez á Vicepresidencia, ten un importante significado político. Pois supón a derrota electoral da oligarquía e a apertura dun novo tempo. Ler máis

Saudamos ao Sinn Féin pola súa histórica vitoria no Norte de Irlanda

Ao Sinn  Féin:

Querid@s amig@s,

En nome do Comité Central e de toda a militancia da Unión do Povo Galego( UPG), desexamos parabenizar ao Sinn  Féin pola súa histórica vitoria no Norte de Irlanda, tras os resultados verdadeiramente revolucionarios obtidos pola Presidenta do partido,  Mary Lou McDonald, nas eleccións de 2020 no Sur.

Só podemos agardar que a democracia e a xustiza prevalezan e que a súa vicepresidenta,  Michelle O’ Neill, xure como a primeira Primeira Ministra republicana dos Seis Condados, co Sinn  Féin como punto de encontro indiscutíbel do nacionalismo irlandés en toda a illa, achegando cada vez máis o soño dunha Irlanda  reunificada e de prosperidade e liberdade para todos os habitantes da illa.

A nosa solidariedade internacionalista.

 

Secretaría de Relacións Internacionais

Comité Central

Unión do Povo Galego