Facemos pública unha Declaración Internacional de apoio aos povo dos Estados Unidos que neste momento conta co apoio de case 50 partidos comunistas de todo o mundo, entre eles a UPG.
Texto da declaración:
Os partidos comunistas e obreiros expresamos a nosa solidariedade coa clase obreira multinacional dos EUA e co povo norteamericano que se atopa nas rúas mobilizado contra o racismo, a represión, o desemprego e outros problemas agudos causados polo sistema de explotación capitalista.
O asasinato de George Floyd non é unha excepción, é a regra da política racista, contra afroamericanos, latinos, e migrantes doutras nacionalidades. Da mesma maneira enfróntase o sistema de explotación contra o conxunto da clase obreira, como o demostra a pandemia do Covid-19, que ten provocado xa máis de dous millóns de contaxios, e case 113,000 falecidos, onde moitas vidas puideron ser salvadas, pero un sistema de saúde privatizado resultou letal porque o seu criterio é a ganancia capitalista.
A pobreza, o desemprego, o ataque aos dereitos da clase traballadora, a política antinmigrante, a brutalidade policial, as agresións imperialistas a outros povos, a descomposición social con drogas, delincuencia…, demostran que o capitalismo é a barbarie, e que é necesario e actual o socialismo.
Os partidos comunistas e obreiros expresamos:
-A nosa condena do asasinato racista de George Floyd e apoio aos manifestantes, vítimas da política de represión da administración Trump.
-A nosa solidariedade cos traballadores e o pobo dos EEUU, que en todas as cidades se manifesta contra o racismo e a represión.
-A nosa solidariedade cos traballadores e o povo dos EEUU afectados pola COVID-19.
-A nosa condena á Administración Trump, responsábel en quenda da Casa Branca, que instrumentaliza campañas racistas, antimigrantes, xenófobas, anticomunistas. Condenamos o toque de queda e a patrullaxe da Garda Nacional, a detención e o asasinato de loitadores.
Which side are you on? Os partidos comunistas e obreiros xunto á clase traballadora e o povo norteamericano, contra o capitalismo e a barbarie.
Proletarios de todos os países, unídevos!
O listado de partidos asinantes pode consultarse en http://www.solidnet.org/article/CP-of-Mexico-Joint-Declaration-of-Solidarity-with-the-People-of-the-USA-proposed-by-CP-of-Canada-CP-USA-and-CP-of-Mexico/