Publicado o novo número do Guieiro
Xa está publicado o novo número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o número 39 correspondente a decembro de 2020. Ler máis →
Xa está publicado o novo número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o número 39 correspondente a decembro de 2020. Ler máis →
Amais dos actos organizados pola Unión do Povo Galego o mesmo 12 de agosto, a Unión da Mocedade Galega celebrará en Fene os días 11 e 12 as VI Xornadas de Formación Moncho Reboiras.
44 anos despois do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras, a súa figura continúa a ser sinónimo de compromiso militante absoluto e de traballo e amor polo noso país e polas nosas clases populares; é este exemplo o que levou hai seis anos a UMG a organizar as Xornadas de Formación Moncho Reboiras.
Esta edición comeza o domingo 11 ás 11 da mañá, coa presentación das xornadas por parte do secretario xeral da UMG, Paulo Ríos, que dará paso a un debate sobre xeopolítica dirixido por Moncho Boán, ex responsábel da Sección Internacional da CIG.
As 12 e media debateremos con Rubén Arroxo, tenente de alcalde da cidade de Lugo e un dos referentes públicos do BNG, sobre a importancia da acción social dentro do noso compromiso político.
Despois do xantar é a quenda de falar dos dereitos civís, como se defenden e que papel xoga na nosa actuación política, con Begoña Ares, Licenciada en Dereito con especialidade en Administracións Públicas pola Universidade de Santiago de Compostela e asesora xurídica no Movemento polos Dereitos Civís.
Pecharemos a xornada do 11 cun roteiro polo río Belelle e o monte Marraxón. A xornadas porán o seu punto e final o 12 de agosto pola mañá coa charla sobre os métodos de intervención nos centros de traballo e de acción sindical que impartirá Paulo Carril, Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega.
VI Xornadas de Formación Moncho Reboiras
SCRD Agarimo de Sillobre, Fene
11 de agosto
11:00 Presentación do Secretario Xeral da UMG, Paulo Ríos.
11:10 Situación internacional e actualidade xeopolítica, con Moncho Boán.
12:30 Acción social e traballo de base, con Rubén Arroxo.
16:00 Dereitos civís: Conceptos chave e como aplicalos, con Begoña Ares.
18:00 Roteiro polo río Belelle.
12 de agosto
12:00 Métodos de intervención nos centros de traballo e acción sindical, con Paulo Carril.
Presentamos o novo número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o nº38 correspondente a Xullo de 2019. Ler máis →
101 anos despois da Revolución de Outubro, a Unión da Mocidade Galega rende homenaxe ao acotencemento social máis imporante do século XX e un dos máis importantes da historia da humanidade.
A Unión da Mocidade Galega realizará este domingo 12 de agosto as súas V Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrol. Ler máis →
O sábado 7 de xullo tivo lugar, no Centro Social Leste de Pontevedra, o XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega, organización xuvenil da UPG, baixo o título “Organizando a revolución, liberando a Patria Galega”, unha xornada marcada polo profundo debate no seo da organización e do que saímos reforzadas e cohesionadas garantindo unha UMG forte e con futuro. Ler máis →
O próximo sábado día 7 de xullo terá lugar, no Centro Social Leste de Pontevedra, o XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega, baixo o título “Organizando a revolución, liberando a Patria Galega”. Esta xornada que comezará ás 10.30h será a conclusións dos traballos congresuais iniciados o pasado mes de abril. Ler máis →
As mozas galegas de clase traballadora atopámonos na altura do 1 de maio do 2018 nunha situación de extrema precariedade e con nulas perspectivas de futuro. Os salarios miserentos, a elevadísima taxa de desemprego xuvenil e en moitos casos a obriga de abandonar o noso país para poder vivir dignamente son os instrumentos que empregan o grande capital español e transnacional para seguir a aproveitarse do noso traballo, gañando cada vez máis a costa de que nos vivamos peor. Ler máis →
Após unha xeira de actos en distintas comarcas do país de presentación do número especial deste ano do voceiro da UMG, o Guieiro, que conmemora o 40 aniversario da organización xuvenil do Partido, desde o Comité Nacional da UMG vense de lanzar un grande acto nacional co que dar peche a este ano 2017. Ler máis →