A CIG desenvolve o seu VII Congreso apostando no fortalecemento do sindicalismo nacionalista e de clase

 

Paulo Carril é o novo secretario xeral da CIG, tomando o relevo a Suso Seixo despois de dezaseis anos á fronte da central nacionalista.

O VII Congreso Confederal da CIG, decorrido en Compostela os pasados 27 e 28 de maio concluíu na aposta por seguir a fortalecer o sindicalismo nacionalista e de clase como instrumento para transformación revolucionaria da realidade con rumo a construción dunha Galiza ceive e socialista. O Congreso, que tivo por palabra de orde “Coa CIG somos máis fortes” aprobou por amplísimas maiorías tanto o Informe de xestión da Executiva Confederal saínte, os relatorios de Acción Sindical e Organización, así como a elección das novas Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías, para as que concorreron candidaturas únicas de integración. Read more

En galego sen límites

O 17 de maio decorreu en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación co lema En galego sen límites na que participaron miles de persoas convocadas por Queremos Galego. Read more

Galiza Cultura premia Francisco Rodríguez polos 50 anos de servizo á cultura galega

A Federación Galiza Cultura de asociacións culturais anunciou esta segunda feira a concesión do Premio Nacional Galiza Cultura ao profesor, escritor e investigador Francisco Rodríguez, a quen se lle recoñecen os seus cincuenta anos ao servizo da cultura galega

A entrega terá lugar o sábado 22 de abril en Ferrol, cidade natal do premiado Read more

Na praga da pataca a Xunta actuou con neglixencia e como unha delegación do goberno español

No ano 2015 tivemos, por primeira vez, coñecemento da presencia na Galiza da praga guatemalteca da pataca. Inicialmente a Consellería determinou como zonas afectadas os concellos de Ferrol, Narón e Neda. No ano 2017 a praga xa se estendía a 31 termos municipais da nosa xeografía. Read more

A Mesa presenta unha ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou no marco da súa Asemblea Xeral a Iniciativa Lexislativa Popular para a Garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A iniciativa pretende garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno do dereito a usar o galego para os e as consumidoras e usuarias en todas as relacións, for na atención oral e escrita, for na información, e conta xa conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: empresariado, representantes sindicais, de organizacións de consumidoras, do ámbito académico, xurídico, do deporte e da cultura. Read more