Vía Galega convoca actos por toda Galiza de izado da bandeira galega

A plataforma social “Vía Galega” vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. O ano pasado, inaugurouse como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 105 anos da efeméride, retomanse as campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado e, así, durante a semana do 13 ao 18 de novembro Vía Galega convócanos a cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.

Rematando a campaña o día 18 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.

Estamos certo da necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican e recoñecen como pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española. É por iso que animamos á toda a nosa militancia a implicarse nesta campaña de Vía Galega.

17 de maio, Día das Letras Galegas, En Galego Aquí e Agora

A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas o 17 de maio para reivindicar a vida en galego.

Desde Queremos Galego convocan mobilizacións en cidades e vilas galegas neste 17 de maio, Dia das Letras Galegas, reivindicando o dereito a desenvolver unha vida plena no noso idioma propio. A plataforma sinala que 40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública. Os avances para a lingua conseguidos pola acción do movemento social pola lingua encontráronse coa pasividade, cando non coa oposición, das institucións, nomeadamente daquelas que teñen obriga de promovela e defendela.

E por iso que reclaman un compromiso firme das administracións, a empezar pola local, coa lingua galega, a que nos une e nos fai existir, non só con celebracións, senón garantindo aquí e agora a súa dispoñibilidade en todos os servizos de competencia municipal con xestión directa ou privatizada, reclamándoo á súa vez en todos os contratos con calquera tipo de fornecedor, e fomentándoo en todos os eidos da sociedade.

Sinalan que a emerxencia lingüística é reversíbel co compromiso de todas e todas, comezando polas institucións que deben asumir as súas obrigas e acompañar unha sociedade cada vez máis activa na normalización da lingua galega.

Animamos ao conxunto da militancia e do pobo galego a asinar no manifesto que Queremos Galego ten na súa web e a participar nestas mobilizacións que se desenvolverán ás 12h do 17 de maio nos seguintes lugares:

• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza Curros Enríquez)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)

A Coordinadora Eólica Así Non convoca manifestación no Día Mundial do Medio Ambiente por un modelo enerxético alternativo

Galiza manifestarase este domingo 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza fai un chamado a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización social que partirá ás 12:00 horas desde a Alameda compostelá e rematará na Praza do Obradoiro onde se dará lectura o manifesto. Ler máis

Por un novo futuro para a lingua. Manifestación nacional de Queremos Galego o 17 de maio

A Plataforma Social “Queremos Galego”, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anuncia que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. A manifestación sairá ás 12h da Alameda de Compostela a terza feira 17 de maio, Día das Letras Galegas. Ler máis