Vía Galega organiza o Congreso “Recoñecemento Internacional de Galiza Nación”

Este sábado 16 de setembro no Museo do Pobo Galego en Compostela, Vía Galega organiza un congreso conmemorando o 90 aniversario da admisión e participación de Galiza no Congreso de Nacionalidades Europeas. Read more

17 de maio, Día das Letras Galegas, En Galego Aquí e Agora

A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas o 17 de maio para reivindicar a vida en galego.

Desde Queremos Galego convocan mobilizacións en cidades e vilas galegas neste 17 de maio, Dia das Letras Galegas, reivindicando o dereito a desenvolver unha vida plena no noso idioma propio. A plataforma sinala que 40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública. Os avances para a lingua conseguidos pola acción do movemento social pola lingua encontráronse coa pasividade, cando non coa oposición, das institucións, nomeadamente daquelas que teñen obriga de promovela e defendela.

E por iso que reclaman un compromiso firme das administracións, a empezar pola local, coa lingua galega, a que nos une e nos fai existir, non só con celebracións, senón garantindo aquí e agora a súa dispoñibilidade en todos os servizos de competencia municipal con xestión directa ou privatizada, reclamándoo á súa vez en todos os contratos con calquera tipo de fornecedor, e fomentándoo en todos os eidos da sociedade.

Sinalan que a emerxencia lingüística é reversíbel co compromiso de todas e todas, comezando polas institucións que deben asumir as súas obrigas e acompañar unha sociedade cada vez máis activa na normalización da lingua galega.

Animamos ao conxunto da militancia e do pobo galego a asinar no manifesto que Queremos Galego ten na súa web e a participar nestas mobilizacións que se desenvolverán ás 12h do 17 de maio nos seguintes lugares:

• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza Curros Enríquez)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)

A Coordinadora “Eólica Así Non” convoca a rodear a Xunta este domingo contra o espolio eólico

A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha importante mobilización o domingo 23 de abril ás 12h en Compostela. Esta mobilización chama a rodear o edificio de San Caetano da Xunta de Galiza para manifestar a repulsa aos 77 proxectos eólicos con declaración de impacto ambiental positiva e cuxa aprobación podería ser inminente. Read more

Día da clase Obreira Galega

Desde o ano 1972, o sindicalismo nacionalista celebra o 10 de Marzo, Día da Clase obreira Galega. Read more

8 de marzo. Día Internacional das Mulleres Traballadoras

Un ano máis o nacionalismo galego desenvolve unha intensa actividade ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras. Read more

Campaña de Vía Galega “Símbolos nacionais de Galiza”

A Plataforma Social Vía Galega, ten posta en marcha unha campaña para a popularización e divulgación do símbolos nacionais galegos coincidindo cos 124 anos da I Asemblea Nacionalista. Read more

Contra o imperialismo, pola paz e a soberanía dos pobos. Non á OTAN!

Desde os seus inicios, o nacionalismo popular galego ten como un dos seus principios fundacionais o pacifismo, o antimilitarismo, a defensa da soberanía dos pobos e o antiimperialismo.  Read more

A Coordinadora Eólica Así Non convoca manifestación no Día Mundial do Medio Ambiente por un modelo enerxético alternativo

Galiza manifestarase este domingo 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza fai un chamado a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización social que partirá ás 12:00 horas desde a Alameda compostelá e rematará na Praza do Obradoiro onde se dará lectura o manifesto. Read more

Por un novo futuro para a lingua. Manifestación nacional de Queremos Galego o 17 de maio

A Plataforma Social “Queremos Galego”, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anuncia que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. A manifestación sairá ás 12h da Alameda de Compostela a terza feira 17 de maio, Día das Letras Galegas. Read more

1º de maio. Fortalecer a mobilización en defensa dos dereitos da clase traballadora galega

Vivimos nun contexto social e político especialmente complexo, que implica enormes apertos económicos para os sectores populares e, especialmente, para a clase traballadora galega. Ás consecuencias da pandemia e das políticas económicas desenvolvidas nese período vén a sumarse a guerra de Ucraína que, para alén das repercusións propias dun conflito bélico e as súas derivadas no ámbito político, ten como efecto agravar os problemas económicos que xa viñamos sufrindo, até provocar unha situación de escalada descontrolada dos prezos que ocasiona crecentes dificultades e empobrecemento das clases populares do noso país.

Todo isto, no medio dunha acción ineficaz dun Goberno español que non está disposto a adoptar medidas que poñan en cuestión os intereses dos grandes poderes económicos, e que non dubida en permitir o asalto ás rendas do traballo para salvagardar as rendas do capital.

Estamos a falar dunha situación que levará, sen dúbida, a agudizar a ofensiva antisocial, o que necesariamente nos obriga a reaxir de maneira rápida e contundente. É necesario acentuar -na rúa e nas institucións- a oposición ás políticas antisociais que está a desenvolver o Goberno español: reforma das pensións que consolida os aspectos máis lesivos das anteriores, non derrogación da reforma laboral, mantemento da Lei da Mordaza, reacción insuficiente –cando non complicidade coas grandes enerxéticas, como aconteceu coas eléctricas- frente á escalada brutal de prezos que empobrece as clases populares, anuncio do aumento do gasto militar de 0,9 a 2% do PIB, políticas belicistas ao mandado da OTAN…

E cómpre reaxir tamén frente á inacción dunha Xunta da Galiza ausente que, nunha situación excepcional de crise, renuncia a exercer de verdadeiro goberno galego adoptando medidas necesarias e posíbeis no ámbito das súas competencias e só parece preocupado en resolver a substitución de Feixóo, mais sen tocar o nefasto legado que deixa en recortes sociais, privatización e precarización de servizos públicos, crise industrial e demográfica, emigración, etc.

Debemos, aliás, activar a mobilización desde a conciencia de que, se non houber unha oposición a estas políticas desde o soberanismo e a esquerda, a decepción e descontento que xeran podería ser capitalizado pola demagoxia e o populismo da ultradereita españolista, que non dubida en se presentar como anti-sistema cando na realidade son o último baluarte de salvagarda do sistema.

Por todo isto, a Unión do Povo Galego (UPG) anima toda a militancia nacionalista e as clases populares do noso País a participar nos actos que o sindicalismo combativo, nacionalista e de clase (CIG) ten convocados para este 1º de maio como mellor maneira de lle facer frente á actual situación que padecemos e fortalecer unha alternativa nacional e popular na Galiza.