En conflito para gañarmos como clase traballadora galega
As folgas das traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra e do persoal sanitario visan a enorme capacidade do pobo traballador para conquistar mellores condicións laborais e salariais
As folgas das traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra e do persoal sanitario visan a enorme capacidade do pobo traballador para conquistar mellores condicións laborais e salariais
Desde o ano 2011 a Federación Galiza Cultura conmemora o Día da Patria coa subida ao Pico Sacro e a lectura de Alba de Gloria. Ler máis →
O sindicalismo nacionalista e de clase lidera a resposta operaria fronte aos abusos da patronal e as políticas antiosociais e antigalegas impostas polo PP
Este sábado 15 desenvolverase na Eira da Xoana ( Ramil, Agolada) unha xornada ao redor da historia de Galiza e dun momento histórico fundamental, a segunda metade do século XIV. Ler máis →
Entre os días 3 e 15 de agosto de 2006 Galiza padeceu unha descomunal vaga de incendios. Algo semellante, mas con consecuencias mais dramáticas, venlle de acontecer, o mes pasado, aos nosos irmáns portugueses. As causas estruturais destes incendios, tanto na Galiza como en Portugal, veñen a coincidir. Abandono e desorde do mundo rural, cambio climático, monocultivo de especies pirófitas (tipo eucalipto), falla na prevención e conservación dos montes. Estes veñen a ser os motivos, entre outros, que están na orixe dos grandes incendios. Ler máis →
Nste sábado, 8 de xullo, decorrerá por 4º ano consecutivo o Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei da Terra Chá. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa de todas as xentes e entidades que ano após ano traballan, cada quen desde a súa expresión, difundindo e creando cultura de noso. Un día de festa, por volta de Manuel María e do seu compromiso coa cultura galega, de base e popular, nun espazo físico extraordinario como é a carballeira de Santa Isabel, á beira do Miño.
Hoxe comezaron na Coruña as presentacións na Galiza do libro “O precariado. Unha nova clase social?” que se desenvolverán durante toda esta semana e nos que se contará coa presenza do autor, Adrián Sotelo.
Paulo Carril é o novo secretario xeral da CIG, tomando o relevo a Suso Seixo despois de dezaseis anos á fronte da central nacionalista.
O VII Congreso Confederal da CIG, decorrido en Compostela os pasados 27 e 28 de maio concluíu na aposta por seguir a fortalecer o sindicalismo nacionalista e de clase como instrumento para transformación revolucionaria da realidade con rumo a construción dunha Galiza ceive e socialista. O Congreso, que tivo por palabra de orde “Coa CIG somos máis fortes” aprobou por amplísimas maiorías tanto o Informe de xestión da Executiva Confederal saínte, os relatorios de Acción Sindical e Organización, así como a elección das novas Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías, para as que concorreron candidaturas únicas de integración. Ler máis →
O 17 de maio decorreu en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación co lema En galego sen límites na que participaron miles de persoas convocadas por Queremos Galego. Ler máis →
A Federación Galiza Cultura de asociacións culturais anunciou esta segunda feira a concesión do Premio Nacional Galiza Cultura ao profesor, escritor e investigador Francisco Rodríguez, a quen se lle recoñecen os seus cincuenta anos ao servizo da cultura galega
A entrega terá lugar o sábado 22 de abril en Ferrol, cidade natal do premiado Ler máis →