A lei de montes do PP favorece os intereses de ENCE e a propagación de grandes incendios

Entre os días 3 e 15 de agosto de 2006 Galiza padeceu unha descomunal vaga de incendios. Algo semellante, mas con consecuencias mais dramáticas, venlle de acontecer, o mes pasado, aos nosos irmáns portugueses. As causas estruturais destes incendios, tanto na Galiza como en Portugal, veñen a coincidir. Abandono e desorde do mundo rural, cambio climático, monocultivo de especies pirófitas (tipo eucalipto), falla na prevención e conservación dos montes. Estes veñen a ser os motivos, entre outros, que están na orixe dos grandes incendios. Ler máis

4º Convivio da Cultura Galega

Nste sábado, 8 de xullo, decorrerá por 4º ano consecutivo o Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei da Terra Chá. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa de todas as xentes e entidades que ano após ano traballan, cada quen desde a súa expresión, difundindo e creando cultura de noso. Un día de festa, por volta de Manuel María e do seu compromiso coa cultura galega, de base e popular, nun espazo físico extraordinario como é a carballeira de Santa Isabel, á beira do Miño.

Ler máis

A CIG desenvolve o seu VII Congreso apostando no fortalecemento do sindicalismo nacionalista e de clase

 

Paulo Carril é o novo secretario xeral da CIG, tomando o relevo a Suso Seixo despois de dezaseis anos á fronte da central nacionalista.

O VII Congreso Confederal da CIG, decorrido en Compostela os pasados 27 e 28 de maio concluíu na aposta por seguir a fortalecer o sindicalismo nacionalista e de clase como instrumento para transformación revolucionaria da realidade con rumo a construción dunha Galiza ceive e socialista. O Congreso, que tivo por palabra de orde “Coa CIG somos máis fortes” aprobou por amplísimas maiorías tanto o Informe de xestión da Executiva Confederal saínte, os relatorios de Acción Sindical e Organización, así como a elección das novas Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías, para as que concorreron candidaturas únicas de integración. Ler máis

En galego sen límites

O 17 de maio decorreu en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación co lema En galego sen límites na que participaron miles de persoas convocadas por Queremos Galego. Ler máis

A Mesa presenta unha ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou no marco da súa Asemblea Xeral a Iniciativa Lexislativa Popular para a Garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A iniciativa pretende garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno do dereito a usar o galego para os e as consumidoras e usuarias en todas as relacións, for na atención oral e escrita, for na información, e conta xa conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: empresariado, representantes sindicais, de organizacións de consumidoras, do ámbito académico, xurídico, do deporte e da cultura. Ler máis