Condenamos a agresión policial contra o KKE

O pasado martes, cando participaban nunha mobilización en lembranza dunha importante mobilización en 1973 contra a ditadura fascista, militantes e dirixentes do Partido Comunista de Grecia foron brutalmente agredidos pola policía cun número importantes de manifestantes feridos e decenas de arrestados.


Transcribimos a nota de solidariedade enviada pola UPG AO KKE:

Ao Partido Comunista de Grecia

Camaradas:

Temos coñecemento do ataque inxustificado sufrido o 17 de novembro por militantes e dirixentes do seu partido, incluído o seu Secretario Xeral, con agresións e detencións cando participaban nunha mobilización conmemorativa dunha acción fundamental na loita do pobo grego contra o fascismo, o 47º aniversario da revolta no Politécnico.

Coa desculpa da pandemia tentan eliminar todas as disidencias e todos os actos reivindicativos, sabemos isto ben porque na Galiza as autoridades prohibiron varias mobilizacións de traballadores durante estes meses.

Transmitímoslles o noso apoio solidario e a nosa denuncia da brutal acción policial ordenada polo goberno da Nova Democracia, e animámolos a continuar firmes na loita.

 
Galiza; 19 de Novembro de 2020
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego-UPG