Condenamos a persecución do goberno turco contra o Partido Democrático dos Pobos-HDP

Diante da información sobre a petición de ilegalización do Partido Democrático dos Pobos-HDP proposta pola fiscalía turca, e da detención nos últimos días de varias decenas de cargos públicos e dirixentes dese partido, queremos amosar publicamente o noso rexeitamento á actuación represiva do goberno turco, que vulnera os dereitos políticos dun partido que é o terceiro do estado turco e contou co apoio de oito millóns de votantes en 2018. A petición de ilegalización do HDP inclúe ademais a prohibición de que 687 dirixentes e cargos institucionais do HDP poidan realizar actividade política durante cinco anos.

O HDP sofre persecución desde a súa creación en 2016 por ser o partido que ao seu redor xunta ao movemento que reivindica os dereitos do pobo kurdo, a parte da esquerda e ás minorías de Turquía; intento de ilegalizalo supón un paso máis na política do goberno de Erdogan, e dun poder xudicial submiso, de eliminar calquera tipo de disidencia.

Denunciamos ademais a hipocrisía do goberno español e da Unión Europea, onte mesmo a ministra de Asuntos Exteriores española vén de declarar que “despois duns meses de enormes turbulencias nas relacións entre a UE e Turquía, chega quizais o momento de impulsar unha axenda positiva con Turquía”, demostrando así que lle dá igual a represión en Turquía e en concreto a represión do pobo Kurdo.

Desde Galiza reiteramos o noso apoio ao pobo kurdo na súa loita e ao Partido Democrático dos Pobos-HDP.

 

Compostela; 23 de marzo de 2021

Secretaría de Relacións Internacionais