Os días 16, 17 e 18 de decembro de 1983 celebrouse en Santiago de Compostela o IV Congreso da UPG baixo o lema “Un partido comunista, un frente antiimperialista, unha Galiza liberada“. Os debates e ponencias serviron de análise e conclusións para a actuación fronte a unha política estatal destinada a silenciar e destruír toda alternativa de oposición real ao sistema capitalista e proimperialista. O libro editado recolle o Informe do Comité Central presentado por Francisco Rodríguez, Secretario Xeral, as ponencias aprobadas e os Estatutos.
GALERÍA DE FOTOS DO IV CONGRESO