Presentamos o libro coas resolucións do XII Congreso da Unión do Povo Galego que tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela, o 15 e 16 de novembro de 2008. O lema do mesmo foi “O nacionalismo, a alternativa á globalización. Vivir, traballar e producir na nosa Terra“. Recóllense no libro as Teses aprobadas, o discurso de apertura a cargo de Bautista Álvarez, e no que anuncia a súa vontade de non presentarse á reelección como Presidente do Partido e o discurso de clausura do Secretario Xeral -novamente electo- Francisco Rodríguez Sanchez. Tamén se incorpora no libro o Programa, os Estatutos, a composición do novo Comité Central e as delegacións convidadas que estiveron presentes.

 

GALERÍA DE FOTOS DO XII CONGRESO