O X Congreso da UPG celebrouse en Pontevedra, o 28 e 29 de outubro de 2000. O lema do mesmo foi “Nacionalismo: Garantindo a democracia“. O libro editado estrutúrase do seguinte xeito: Saúdo de Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra; saúdo de benvida de Bieito Lobeira Domínguez, Secretario de Zona da UPG de Pontevedra; discurso de apertura de Francisco Rodríguez Sánchez, membro do Secretariado Político do Comité Central; teses aprobadas polo Congreso; saúdo do Portavoz Nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras Torrado e discurso de clausura de Bautista Álvarez, Presidente da UPG. O libro tamén recolle o Programa, os Estatutos, a composición do novo Comité Central e as delegacións asistentes.

GALERÍA DE FOTOS DO X CONGRESO