Denunciamos a intervención imperialista en Venezuela. Solidariedade co povo de Venezuela!

A UPG asina, xunto a máis de 50 partidos comunistas e obreiros de todo o mundo, un comunicado de denuncia da intervención imperialista en Venezuela.

Reproducimos a continuación o comunicado:

Partidos Comunistas e Obreiros de todo o mundo condenamos con firmeza os plans imperialistas, a práctica de  socavar e as ameazas que lanzan os Estados Unidos, a UE e os seus gobernos aliados en América Latina, para derrocar ao Presidente legalmente elixido de Venezuela, Nicolás Maduro. Os plans de someter ao povo do país aos intereses imperialistas e roubar os recursos xeradores da riqueza do país.

Despois da falida provocación organizada polos Estados Unidos coa marioneta dos imperialistas  Guaidό, o 23 de Febreiro na fronteira con Colombia, co pretexto de “axuda humanitaria”, están a promoverse novos escenarios para un golpe de estado e o asalto militar imperialista.; ao tempo que se producen novas provocacións que serán un pretexto para a escalada da intervención.

Condenamos firmemente calquera escenario de golpe de estado e intervención militar imperialista polos Estados Unidos e os seus aliados!

Declaramos que terán  en fronte non só ao povo de Venezuela, senón tamén aos Partidos Comunistas e Obreiros, ao movemento obreiro e popular de todo o mundo.

Condenamos rotundamente as declaracións do Asesor de Seguridade Nacional dos Estados Unidos, John  Bolton, de que o goberno dos Estados Unidos segue a doutrina de  Monroe que considera a América Latina como unha zona de intereses exclusivos dos Estados Unidos.

América latina pertence aos seus povos!

Fieis aos principios do  Internacionalismo Proletario, expresamos a nosa solidariedade co povo venezolano, que é o único con capacidade para decidir sobre os asuntos internos do seu país. Expresamos a nosa solidariedade co Partido Comunista de Venezuela, a Mocidade Comunista de Venezuela e outras forzas  antiimperialistas venezolanas que loitn en condicións difíciles para defender os intereses do povo.

Abaixo o imperialismo!

Os povos vencerán!

Os asinantes poden ser consultados en: https://inter.kke.gr/en/articles/We-denounce-the-imperialist-intervention-in-Venezuela-Solidarity-with-the-Venezuelan-People/