Diante da escalada das tensións e o perigo dunha guerra estadounidense contra o Irán

A UPG é un dos 73 Partidos Comunistas e Obreiros de todo o mundo que fixeron pública unha declaración conxunta diante do perigo dunha nova guerra

As declaracións feitas polo gobernos dos EUA indican claramente que ten a intención de despregar todos as medios ao seu dispor para coaccionar a República Islámica do Irán o fin de a subxugar aos seus designios imperialistas na rexión.

Todo isto lembra a decisión tomada polo goberno Trump en maio de 2018, condenada pola opinión pública en todo o mundo, de retirar os EUA do acordo estabelecido con Irán en 2015, o denominado Plano de Acción Conxunto Global (JCPoA). Esta decisión, tomada a pesar dos chamados internacionais, incluído por parte da ONU, aumento significativamente a tensión na rexión e incrementou o risco dunha nova guerra devastadora no Medio Oriente.

Estamos preocupados pola imposición ao Irán de sancións económicas, financeiras e monetarias que debilitarona economía do país e levaron ao peche masivo de fábricas, a unha recesión económica e a un aumento do desemprego e da pobreza.

Os Partidos Comunistas e Obreiras condenamos enerxicamente o goberno dos EUA e os seus representantes belicosos como Mike Pompeo ou John Bolton por desataren un aumento da tensión e un recruar das ameazas dunha intervención militar contra o Irán, xunto coa aplicación de sancións co fin de afogar o povo iraniano até que se renda.  Tamén sabemos que estas accións están a ter un impacto desastroso na loita incansábel que libra o povo iraniano para a conquistar a paz, a soberanía e a xustiza social e os dereitos humanos e democráticos.

O obxectivo da político dos EUA cara ao Irán visa a asegurar o dominio incontestado do imperialismo estadounidense e dos seus aliado na rexión.  As accións e políticas que aplicou o goberno estadounidense ao Irán foron e seguen a ser coordinadas conxuntamente cos gobernos de Israel e da Arabia Saudita.

Estamos preocupados porque se non se para e inverte a actual escalada de agresión por parte dos EUA e dos seus aliados no Medio Oriente, existe un enorme risco moi real dunha nova guerra desastrosa con consecuencias incalculábeis para a paz e a estabilidade da rexión.

As forzas pacíficas do mundo debemos traballar ao unísono para promovermos o desanuviamento e denunciarmos a interferencia estranxeira nos asuntos internos do Irán.

O futuro do Irán e dos seu sistema político son asuntos que corresponden en exclusiva ao propio povo iraniano. Os Partidos Comunistas e Obreiros, xunto con todas as forzas progresistas do Irán, rexeitamos a inxerencia estranxeira no seu país sob calquera pretexto.

Apelamosa que todas as forzas que loitan pola paz e polo desarmamento globais a condenaren a política de confrontación cara á República Islámica do Irán por parte do goberno dos EUA e dos seus aliados saudita e israelí , en clara violación da Carta da Nacións Unidas.

Dicimos Non ás Sancións e Non á Guerra contra o Irán.

Os asinantes poden ser consultados en: http://www.solidnet.org/article/Joint-statement-of-the-Communist-and-Workers-Parties-on-the-Heightening-of-Tensions-and-dangers-of-US-War-on-Iran/