Documento de análise sobre o contexto económico e sociopolítico postpandémico.

O Comité Central da UPG aprobou o documento que aquí se comparte para ter unha análise sobre o contexto en que o nacionalismo galego terá que actuar nos vindeiros anos. É preciso sobrepornos á conxuntura e, sen desatender cuestións que precisan dunha resposta urxente, tomar certa distancia co inmediato para analizar as correntes máis de fondo e de carácter estrutural en que o noso País e o mundo están inmersos. Só así seremos capaces de ter unha correcta diagnose que nos permita acertar na nosa alternativa política e actuación práctica.