Esiximos a liberdade de Ahmad Saadat, líder da FPLP

A UPG únese á campaña internacional, en esixencia da posta en liberdade do Secretario Xeral da Fronte Popular pola Liberación de Palestina-FPLP, e de todos os presos e presas políticas palestinos.

Ahmad Saadat foi condenado a 30 anos de cadea, por dirixir unha organización prohibida segundo sentenza dos tribunais israelís. A FPLP ao igual que calquera outra organización política ou entidade que se opoña á política xenocida contra o pobo palestino, é considerada ilegal polo estado de Israel.

Na semana que vai do 15 ao 22 de xaneiro, cando se compren os vinte anos de prisión de Ahmad Saadat, a Rede de Solidariedade cos Prisioneiros e Prisioneiras PalestinAs “Samidou”, fai un chamamento internacional á intensificación das accións e pronunciamentos de solidariedade. Unha solidariedade que na figura de Ahmad Saadat quere representar aos varios miles de palestinos e palestinas que sofren privación de liberdade nos cárceres de Israel.

En liña coa nosa longa historia de apoio ao pobo palestino e coa nosa estreita relación coa FPLP, esiximos

  • Liberdade para Ahmad Saadat e todos os presos e presas palestinos!

  • Liberdade para Palestina!