Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia

A Federación de Asociacións Culturais Galegas “Galiza Cultura”, inaugura o vindeiro 11 de decembro ás 17:30 a súa exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia no Museo do Pobo Galego (Compostela).

Galiza Cultura conmemora así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galega nun nível privilexiado de calidade.

Unha publicación que é herdeira directa do espírito das Irmandades da Fala (1916), do renacido boletín A Nosa Terra (1917) e da I Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), que son os seus antecedentes directos.

A exposición é un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros Vicente Risco, director literario; Castelao, director artístico; Ramón Otero Predaio ou Ánxel Casal, e estará no Museo do Pobo Galego até o 25 de xaneiro de 2020.