Galiza con Palestina. Manifestación nacional domingo 6 de outubro

A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, conformada pola Asociación Galaico Árabe Jenin, Galiza por Palestina e Mar de Lumes, convocan unha manifestación nacional este domingo 6 de outubro ás 12h na Alameda de Compostela baixo o lema Galiza con Palestina que clamará polas rúas de Compostela pola fin da ocupación e a liberdade de Palestina.

A coordenadora xa ten recibido máis de 150 apoios a esta manifestación por parte de organizacións políticas, sindicais e entidades sociais e culturais de todos os ámbitos da sociedade galega, entre eles os do noso Partido e moitas outras organizacións do ámbito do nacionalismo. A Galiza é referente no activismo internacionalista e no compromiso coa liberdade dos pobos. A solidariedade galega coa Palestina está nas bases da nosa sociedade e así se leva demostrando durante todos estes meses de concentracións e actos reivindicativos en máis de 30 vilas e cidades da nosa nación.

De seguido o manifesto desta convocatoria de manifestación nacional:

MANIFESTO  EN SOLIDARIEDADE COA PALESTINA
CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN  NACIONAL O 6 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA

Cando se cumpre un ano da agresión a Gaza que deixa uns niveis de morte e destrución sen precedentes e logo de máis de 76 anos de ocupación ilegal, as entidades abaixo asinantes facemos un chamamento ao pobo galego a saír ás rúas en defensa destas reivindicacións:

1. A denuncia e o rexeitamento ás accións militares do Estado sionista de Israel tanto na Faixa de Gaza como no resto de territorios palestinos o que supón unha grave violación do dereito internacional.

2. A detención inmediata das agresións e a total retirada das tropas de ocupación e das colonias ilegais na Palestina.

3. O respecto pleno ao dereito de soberanía da Palestina e dos pobos da rexión.

4. A total solidariedade co pobo palestino. Lamentamos a perda de milleiros de vidas e manifestamos o profundo pesar polas vítimas e o padecemento da súa poboación.

5. Instamos á Unión Europea a dar o apoio humano e humanitario necesario á Palestina e ao seu pobo, en coordinación coa comunidade internacional. Instamos tamén a intensificar os esforzos de axuda humanitaria e de emerxencia e obrigar a Israel a respectar o dereito internacional humanitario.

6. Instamos á Unión Europea, ao Estado español e ao Goberno da Xunta de Galicia a organizarse para acoller nas mellores condicións ás persoas refuxiadas que poidan derivarse desta agresión militar. Asemade, que se comprometan á atención socio sanitaria das crianzas palestinas en grave situación de vulnerabilidade. Demandamos tamén a estas institucións a ruptura de relacións diplomáticas e de acordos académicos e comerciais co estado de Israel.

7. Pedimos á Unión Europea un maior esforzo para impulsar unha desescalada da ocupación e da violencia a través de relacións diplomáticas e do respecto do dereito internacional.

8. Pedimos aos concellos da Galiza o compromiso de non acoller ningún evento de carácter deportivo, cultural ou doutra índole con asociacións ou organizacións israelís. Adherimos á convocatoria de boicote económico a Israel e comprometémonos a non mercar produtos de orixe israelí, nin realizar contratacións con empresas do Estado sionista.

9. O recoñecemento do Estado Palestino, co seu territorio íntegro, entre o río Xordán e o mar Mediterráneo.

10. Apoiamos a convocatoria dunha manifestación nacional de solidariedade co pobo palestino e en denuncia do xenocidio en Gaza e da ocupación da Palestina o vindeiro 6 de outubro ás 12h desde a Alameda de Compostela.
Galiza con Palestina! Paremos o xenocidio!

 

As entidades asinantes a día 3 de outubro de 2024

A Coruña Fillos de Breogán ·  A Gentalha do Pichel · Agora Galiza Unidade Popular · A Guarda Hockey Liña · Agrupación Cultural O Facho ·  Agrupación Cultural O Galo · A Nova Peneira · Asemblea Republicana de Vigo · Asociación Abeiro · Asociación Breizh Galiza · Asociación Cultural Volta e Dálle · Asociación Cultural A Galleira · Asociación Cultural Alexandre Bóveda · Asociación Cultural Eira Vella · Asociación Cultural Fuco Buxán · Asociación de Actores e Actrices de Galicia · Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil · Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega · Asociación de Mulleres As Silveiras · Asociación Ecoloxistas Galícia, Atlantica e Verde · Asociación Galaico-Árabe Jenin · Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez · Asociación Galega contra o Maltrato a Menores · Asociación Militar pola Memoria Democrática · Asociación O Nordés de Ortegal · Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza · Asociación Sindical Galega de Guionistas · Asociación Socio-Pedagóxica Galega · Asociación Veciñal A Xuntanza · Associaçom Cultural Artábria · Associaçom José Afonso-Galiza · A Ulla Viva – ALTRI NON · Avante LGBT+ · Bloque Nacionalista Galego · Casa-Museo Manuel María · Central Unitaria de Traballadoras · Centro de Saúde da Guarda · Centro Social A Revolta do Berbês · Centro Social Fuscalho · Colectivo Anti-militarista Rompanfilas · Colectivo Carballas · Colectivo de Militares Demócratas · Colectivo Republicano de Redondela · Comadres das Letras – colectivo de escrita feminista · Comisión de festas do barrio de San Pedro · Comité Anti OTAN Lugo · Comité de Defensa das Rías Altas · Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova · Comités de Solidariedade con América Latina · Comunidade Cristiá Vangarda Obreira · Comunidade de Montes do Rosal · Comunidade Islámica de Galicia · Confederación Intersindical Galega · Confederación Nacional do Traballo – Galiza ·  Coordinadora de Núcleos Comunistas · CUD Unión Guardesa · Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega · Docentes con Palestina · Ecoloxistas en Acción · Edicións Laiovento · Edicións Mide · Editorial Toxos Outos · Enxeñería sen Fronteiras Galícia · ERGUER-Estudantes da Galiza · Escolas Semente · EsCULcA – Observatório dos direitos e liberdades · Espazo de Encontro de Crentes Galeg@s · Estrela Vermelha Futebol Gaélico · Federación Rural Galega · Foro Galego da Inmigración · Fundación Araguaney · Fundación Galicia Verde · Fundación Galiza Sempre · Fundación Moncho Reboiras · Galiza Cultura – Federación de Asociacións Culturais Galegas · Galiza por Palestina · Galiza Nova · Gróvias Futebol Gaélico · Hermes&Atenea · Iniciativa Galega pola Memoria · Isca! · Lavandeiras de Vigo · Lorchos do Barbanza · Lugh Clube Atlético Gaélico · Marcha Mundial das Mulheres – Galiza · Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista · Movemento en Defensa das Pensións · Movemento Arredista · Mulheres Nacionalistas Galegas · Os Monicreques de Kukas · Os Quinquilláns · Pallasos en Rebeldía · Partido Comunista da República Galega · Producións Teatrais Excéntricas · Salvemos Catasós · Selección Galega de Fútbol Gaélico · Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza · Sociedade Cultural e Desportiva do Condado · Solidariedade Galega co pobo Saharaui  · Unión do Povo Galego · Verdegaia · Vida Independente de Galicia · Xubiladas e Xubilados pola Paz

 

Acordeireta · Antón Ke · Aperta Percusión · Aphonnic · Archivo adxunto · Arrhythmia · As punkiereteiras · BALA · Banda Xangai · Bar Ban Sónicos · Brais das Hortas · Brassica Rapa · Broa · Caxade · Cé orquestra · Cuarta Xusta · Dakidarría · Deseqilibrio Mental · D’Esmorga · Falperrys · FAUL · Fanfarria Taquikardia · Festicultores · García Mc · Hugo Guezeta · High Paw · Guadi Galego · Kaixo · Latexo Percusión · Leo Arremecaghona · Lidia India · Liska! · Lisdexia · Loita Amada · Martin Human · Mekanika Rolling Band · Moloch · Najla Shami · O Rabelo · O sonoro maxín · Os Carunchos · Os Residuos Atractivas · Os Vacalouras · Pauliña · Peter Petrowski · Quinkillada · Raiade · Raiba · Rastreros · Rebeliom do Inframundo · Residuos do Sistema · Ruxe Ruxe · Sacha na Horta · Satenta · Satxa · Seitura · Skadelos · Skárnio · Som do galpom · TanDuB · Tecor Societário · The Tetas’Van · The Skarnivals · Tiro Na Testa · TNT · Trapalhada · Uxía Lambona e a Banda Molona · Uxia Senlle · Wöyza · xEaranx · Xente Tóxica · Youcanthide · Zeltia Irevire · Zënzar · Zurrumalla