Homenaxe a Reboiras no 38 aniversario do seu asasinato
Neste 2013 a Unión do Povo Galego vai homenaxear como todos os anos ao noso camarada Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol o 12 de agosto de 1975. Os actos públicos convocados consistirán nunha ofrenda floral ás 19 horas no portal da rúa da Terra onde foi abatido e un acto político inmediatamente despois, ás 19:30 horas, na Alameda do Cantón. Desta volta para convocar os mesmos decidimos espallar por toda a Galiza a publicación da vida de Reboiras a través dun relato en Banda Deseñada que permitira un achegamento didáctico á contribución deste militante nacionalista á causa do país. O traballo, realizado grazas ao recoñecido ilustrador gráfico Tokio, está editado en formato papel e disponíbel tamén en dixital.
Ás 7 da tarde haberá unha concentración diante da Casa do Concello de Ferrol para saír cara o portal da rúa da Terra onde foi asasinado a tiros. Procederase a facer unha ofrenda floral e a cantar a Internacional. De contado xa baixaremos á Alamenda do Cantón onde terá lugar a segunda parte dos actos previstos. Ás 7.30 da tarde intervirán Mercedes Tobío, concelleira do BNG en Ferrol, Xacobe García, Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega e, por último, Néstor Rego en calidade de Secretario Xeral da UPG. Ao remate do acto cantarase o Himno galego.