III Xornadas de Formación Moncho Reboiras

Este ano cúmprense 41 anos do asasinato do noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, polo que dende o Comité Nacional da UMG quixemos traer a colación a súa personalidade e o seu traballo.

Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra. Malia a súa corta idade, a de Moncho é unha traxectoria marcada por un inxente contributo de militancia e de compromiso coa Patria. Neste cabodano do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras. A súa loita segue a ser exemplo de rebeldía e compromiso coa patria para a mocidade galega.

O prograna de actividades constará do seguinte:

Venres 12 de Agosto

11.00h Presentación III Xornadas Moncho Reboiras. A cargo do Secretario Xeral da UMG, Adrián R. Bravo.

11.15h “A ideoloxía nacionalista e a mocidade hoxe”. A cargo do camarada Francisco Rodríguez, ex-Secretario Xeral da UPG e membro do Secretariado Politico e Comité Central da UPG.

12.30h Roteiro “O Ferrol Rebelde” polo compañeiro Marcos Abalde

14.30h Xantar popular na Finca da Cortiña (San Sadurniño)

16.00h Sobremesa de debate: “A mudanza real que Galiza precisa”

19.00h 41º Aniversario do Asasinato do camarada Moncho Reboiras.

21.30h Cea de confraternidade

23.00h Festa patriótica.

Sábado 13 de Agosto

11.30h Roteiro polas Fragas do Eume guíado polas compañeiras de ADEGA

14.00h Xantar popular nas Fragas do Eume.

17.00h “Feminismo no nacionalismo galego desde as Irmandades da fala até hoxe”. A cargo da camarada Pilar García Negro, membro do Secretariado Politico e Comité Central da UPG.

18.15h Clausura III Xornadas Moncho Reboiras.