Manifestación nacional de SOS Sanidade Pública este domingo 6 de abril
Desde a Unión do Povo Galego facemos un chamamento ao conxunto do pobo galego a sumarse de forma masiva á manifestación convocada pola Plataforma cidadá SOS Sanidade Pública que terá lugar este domingo 6 de abril, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá para reclamar máis atención primaria, máis atención hospitalaria e máis sanidade pública.
É preciso expresar de maneira clara e contundente o malestar pola situación da sanidade pública e a falta de respostas da Consellería de Sanidade. A falta de recursos asistenciais, tanto nos hospitais como na atención primaria está a vulnerar o dereito á saúde e o dereito a unha asistencia sanitaria pública e de calidade para toda a cidadanía, con independencia do lugar de residencia.

Precisamos e reclamamos:
Máis Atención Primaria
Centros de saúde e PAC dotados de persoal suficiente de todas as categorías; ben equipados; accesibles en 24-48 horas máximo; con consultas presenciais a solicitude do paciente; e reorientar a Atención Primaria á promoción, prevención, traballo comunitario e a participación social. Garantir o modelo de Atención primaria con especialistas de pediatría nos centros de saúde. Reforzar a capacidade da Atención Primaria de dar resposta aos problemas de saúde mental coa presenza da psicoloxía clínica.
Máis Atención Hospitalaria
Utilización plena dos recursos instalados en hospitais mañá e tarde; recuperar os recortes nos hospitais comarcais; acabar coa política de concertación coa privada; restitución ao sistema público dos centros privatizados; plans para reducir listas de espera e a rematar coa ocultación das mesmas; reforzar as unidades de saúde mental tanto de adultos como infanto-xuvenil; acabar coa precariedade laboral do persoal; e esixencia da dedicación exclusiva ao persoal médico.
Máis Sanidade Pública
Incrementar o orzamento sanitario público; elaborar un Plan Galego de Saúde que adapte os recursos ás necesidades; recuperar os servizos privatizados e as áreas sanitarias pechadas; e potenciar a Saúde Pública para combater os riscos e as epidemias para a saúde.
Porque a saúde é un dereito básico e non un negocio. Vémonos este domingo en Compostela.
Información sobre os autobuses:
Comarca da Mariña:
Saída de autobuses de: Viveiro e Ribadeo.
Prezo: 10 € por persoa.
Data límite para anotarse: Antes do 3 de abril.
Teléfonos de contacto para anotarse: 982140654, 667052058, 982581861, 629588833.
Comarca da Barbanza
Saída da estación de autobuses de Ribeira 10h
- Ribeira 10h
- A Pobra 10:15h
- Boiro 10:30h
- Rianxo 10:45h
Anotarse no correo plataformabarbanza@gmail.com
Comarca do Morrazo:
Saída de Marín e parroquias próximas.
Prezo: 5 euros.
Anótate nos seguintes comercios colaboradores:
- Cafe Bar Freixo (Marín)
- Farmacia de Ardán
- Farmacia de Seixo
- Panadería do Cine (Seixo)
- Librería Begoña (Seixo)
- Ferretería La Comercial (Seixo)
Chamando ao teléfono 669 484 676
Saída de Cangas – 10:00h – Estación de Autobuses
Reservas: 646543541 / 637177674
Autobús gratuíto.
Comarca de Ferrolterra:
Saída de Ferrol – 10:00h – Praza de Galiza (Jofre)
Paradas: Caranza, Fene e Vilar do Colo
Reservas: 981358750 / 680922151
Prezo: 5€
Saída de Narón.
Lugar de saída: Parada xunto á oficina de Correos do Alto (Rúa A Garda, 1).
Hora de saída: 10:00 horas.
Prezo: 5 euros.
Como reservar praza: Chamando aos teléfonos 981 358 750 ou 680 922 151.
Comarca do Baixo Miño:
Saída de Tui
Lugar: Gadis e parada no Alfonso I:
Localidade de saída: Non especificada, pero sae desde o Gadis e fai parada no Alfonso I.
Lugar de saída: Gadis e parada no Alfonso I.
Hora de saída: 10:00 horas.
Prezo: 8 euros.
Como reservar praza: Chamando ao teléfono 986 610 465.
Comarca de Pontevedra:
Saída de Pontevedra.
Lugar de saída: Diante do Pavillón Municipal de Pontevedra.
Hora de saída: 10:00 horas.
Prezo: 5 euros por persoa.
Como anotarse: Prazo para anotarse ata o 2 de abril incluído.
A través do correo electrónico castelaofederación@gmail.com
Comarca da Coruña:
Saída da Coruña.
Hora de saída: 10:00 horas.
Prezo: 5 euros.
Como anotarse:
A través da ligazón: https://i.gal/bus6Acorunha
Chamando ao teléfono ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 673 05 85 29.
Comarca de Vigo
Saída de Baiona – 9:30h – Diante do Parador
Reservas: 609801138
Saída de Gondomar – 10:00h – Estación de Autobuses
Reservas: 639872750
Saída de Nigrán – 10:00h – Diante do Concello
Reservas: 629207579
Comarca de Lugo Sur:
Saída de autobuses con paradas en:
- Quiroga (8:30h, Quiper).
- A Pobra do Brollón (8:50h).
- Monforte de Lemos (9:15h, Casitas da Compañía).
- Castro de Ferreira (Pantón) (9:45h, Bar París).
- Escairón (10:00h, Círculo Saviñao).
- Chantada (10:20h, Cemiterio).
Prezo: Autobús gratuíto.
Como anotarse:
Chamando ao teléfono 982 41 60 27 (de 17:30h a 20:00h).
Enviando un WhatsApp ao 637 820 233 co teu nome, apelidos e parada onde collerás o bus.
Prazo para anotarse: Ata o venres 4 de abril ás 18:00h.
Comarca do Condado:
Saídas desde:
- A Cañiza – Contacto: Trini (661566281).
- Ponteareas – Contacto: Chus (616285601).
- Mondariz e Mondariz Balneario – Contacto: Geni (615450796).
- Salvaterra – Contacto: Patricia (605377793).
- Arbo e As Neves – Contacto: Raquel (699853166).
Prezo: 5€.
Punto de saída en O Porriño: Lugar: Parada en O Porriño.
Reserva de praza: Chamando ao 986 610 465.
Comarcas de Ourense
Saídas:
- A Gudiña: 08:30 Gasolineira da Gudiña
- Verín: 09:00 Aduana de Verín
- Xinzo: 09:20 Antela Estación de Servizo Cepsa (lado autovía)
- Allariz: 09:40 Restaurante Limia na n-525
- Celanova: 09:50 Estación de servizo Repsol “Rante”
- Ourense: 10:00 Pavillón dos Remedios
- O Carballiño + O Ribeiro: 10:15 Rotonda de Cea
Anotarse no teléfono 676 611 848