Manifesto en defensa da saúde e dos dereitos da clase traballadora e dos pobos

EN PRIMEIRA LIÑA, LOITANDO POLA SAÚDE, O TRABALLO E OS OUTROS DEREITOS DA CLASE TRABALLADORA E DOS POBOS

Cando se cumpre un ano da pandemia  máis de 60 partidos comunista e obreiros de todo o mundo asinamos un comunicado conxunto en defensa da saúde e dos dereitos da clase traballadora e dos pobos.

TEXTO DO COMUNICADO CONXUNTO DE PARTIDOS COMUNISTAS E OBREIROS
Pasou un ano desde o estalido da pandemia Covid-19, que tamén actuou como catalizador para a profundización da crise capitalista, traendo moito sufrimento á clase obreira e as outras clases populares en todo o mundo.  Máis de 100 millóns de persoas enfermaron, máis de 2 millóns de persoas perderon a vida, millóns máis se enfrontaron ao dramático deterioro das súas condicións de vida e os  impases sociais do capitalismo, como o desemprego, ao aumento da explotación e a represión.

Os Partidos Comunistas e Obreiros que asinan esta Declaración Conxunta queremos en primeiro lugar expresar a nosa solidariedade coas persoas afectadas pola pandemia Covid-19, con quen perderon aos seus seres queridos, con quen caeron enfermos; e enviar o noso máis sincero agradecemento aos médicos, médicas, enfermeiras e enfermeiros, o persoal dos hospitais e unidades de saúde que, desde hai un ano, libran esta batalla, enfrontando grandes dificultades.

Durante este ano, os problemas agudizados na atención primaria de saúde e os hospitais, a escaseza de persoal médico e de enfermería, Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e medios de protección necesarios, debido á falta de financiamento, a comercialización e  privatización dos servizos nacionais de saúde e da produción médica e farmacéutica, que como tendencia exprésase en todo o mundo capitalista, maniféstanse de maneira dramática. Ao mesmo tempo, os grupos  monopolistas e as empresas farmacéuticas, que aumentaron a súa rendibilidade, obteñen miles de millóns, mentres que os medicamentos, as subministracións médicas, as vacinas e a investigación en mans do gran capital convértense en obxecto de lucro,  aumento de desigualdades entre países e contradicións xeopolíticas. A  intensificación da competencia para a produción e distribución de vacinas e medicamentos, os atrasos nas vacinas necesarias, as exclusións e a non divulgación dos contratos coas industrias farmacéuticas, expresan o que é o sistema explotador capitalista que opera sobre a base do beneficio dos grupos  monopolistas.  A importancia da loita polos dereitos dos traballadores e dos pobos, da necesidade do socialismo, que pode poñer o potencial científico e tecnolóxico contemporáneo ao servizo das necesidades populares, está en primeiro termo.

Os partidos Comunistas e Obreiros saúdan as loitas dos traballadores e traballadoras da saúde, así como de todos e todas, traballadores e traballadoras, agricultores e traballadores autónomos, que esixen medidas para asegurar os seus ingresos e protexer a súa saúde.

Denunciamos aos gobernos que en condicións de pandemia lexislan novas medidas  anti-populares e  anti-laborais, e volven poñer o peso da crise sobre os ombreiros dos traballadores e pobos e ao mesmo tempo reprimen a súa loita con autoritarismo e represión policial.

Nós, os Partidos Comunistas e Obreiros, continuamos a nosa loita. Esiximos en cada país servizos de saúde públicos gratuítos e universais e medidas substanciais para abordar a epidemia, para protexer a saúde e a vida dos pobos:

•    Fortalecemento inmediato dos servizos de saúde pública con  financiamento estatal, contratación de persoal médico e de enfermería permanente con plenos dereitos. Satisfacción de todas as necesidades en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), e infraestrutura necesaria para o pleno funcionamento dos servizos de investigación e atención de saúde pública.
•    Vacinación máis rápida do pobo en cada país, con vacinas efectivas, seguras e gratuítas, sen exclusións na subministración de vacinas, como sucede cos pobos dos países capitalistas menos desenvolvidos. Abolición de patentes de vacinas e todos os demais produtos farmacéuticos necesarios que poidan axudar a facer fronte á pandemia.
•    Provisión inmediata, gratuíta e universal, de todos os medios necesarios de precaución e protección (máscaras, luvas, xeles desinfectantes, etc.), así como probas  diagnósticas ás persoas, por parte do estado.
•    Apoiar os ingresos e os dereitos da clase traballadora e clases populares. Protección aos desocupados, intensificando a loita contra o capital e os seus voceiros políticos, que tentan pisar aínda máis os dereitos laborais e democráticos, os salarios e as pensións, os seguros. Medidas para protexer aos traballadores nos seus lugares de traballo, no transporte público, escolas e universidades.
•    Ningunha restrición dos dereitos democráticos dos pobos baixo o pretexto do coronavirus.
•    Intensificar a loita contra as intervencións imperialistas, e poñer fin inmediatamente a todas as sancións e medidas de bloqueo económico, que en condicións de pandemia son aínda máis inxustas e criminais, como o bloqueo criminal contra Cuba e Venezuela por parte do imperialismo estadounidense, e retirar a inaceptábel acción de Estados Unidos que volve colocar a Cuba na lista estadounidense dos chamados “estados patrocinadores do terrorismo”.
•    Dicimos non ás intervencións imperialistas e exercicios militares, como os da OTAN, e esiximos que se proporcionen os recursos necesarios e que se financien adecuadamente os sistemas nacionais de saúde pública e seguridade social.

Os partidos asinantes poden consultarse aquí.