Manifesto de Partidos Comunistas pola eliminación das patentes das vacinas

Partidos Comunistas de todo o mundo, entre eles a UPG, acordaron divulgar un manifesto esixindo a eliminación das patentes, de todas as vacinas e fórmulas de tratamento  COVID-19 utilizadas ou en desenvolvemento.

Non ás patentes de vacinas!

A pandemia  COVID-19 xa causou unha gran traxedia nun ano. Nese período, en moitos países, millóns de traballadores e traballadoras contraeron a doenza, perdendo a saúde, o emprego ou até a vida. Por outro lado, no mesmo intervalo de tempo, algunhas empresas que venderon alimentos de necesidades esenciais, materiais  sanitarios, máscaras e finalmente vacinas, como  mercadorías, pasaron a estar entre as máis ricas do mundo. A clase  capitalista transformou a pandemia nunha oportunidade para unha maior explotación da clase traballadora coa fin de obter máis lucros.

Varias vacinas que foron administradas desde o final de 2020 son desenvolvidas por monopolios farmacéuticos. Hai un nivel substancial de informacións sobre a eficacia clínica e os intervalos entre as doses desas vacinas. A pesar dalgunhas delas seren administradas con cautela debido a algúns efectos adversos, elas contribúen efectivamente para combater a pandemia. Pero desde a administración da primeira  inxección, só un 2,16% da poboación mundial foi totalmente  vacinada.

O principal método de combate ás doenzas transmisíbeis é a  inmunización xeneralizada, rápida e eficaz. Desgraciadamente o capitalismo no século 21 foi incapaz de aplicar esta fórmula básica para unha infección mundial, como comprobamos na pandemia  COVID-19. As razóns para esta situación son claras: a pesar de todos os estudos de desenvolvemento de vacinas ser realizados grazas a fondos públicos e á colaboración de milleiros de científicos, nas grandes potencias  capitalistas o produto final foi aprehendido por monopolios farmacéuticos baixo a escusa  da propiedade intelectual, ou as chamadas patentes. Hoxe, as vacinas poden ser producidas só nalgúns países.

Mentres os países  imperialistas máis poderosos están facéndose con moitas máis doses das que precisan e por tanto obtendo grande parte das dispoñíbeis, decenas de países, principalmente os economicamente menos desenvolvidos, só terán posibilidade de  vacinar só unha pequena parte da poboación, nun futuro incerto. Iso significa virar a cara para as mortes de cidadáns deses países por unha causa evitábel.

O escenario máis perigoso no caso das doenzas  infecciosas é a vacinación dunha parcela moi limitada da poboación, o que facilitaría a evolución do virus para que adquirise novas características. Iso é o que está acontecendo agora.

A pandemia  COVID-19 non desaparecerá do mundo dunha vez. Ademais, as condicións sociais e ambientais creadas polo capitalismo mostran que a humanidade deberá afronta esas epidemias máis veces, aínda que doutras maneiras. A pandemia de  COVID-19 tamén continuará até que un tratamento eficaz contra o virus sexa encontrado e / ou unha vacinación  masiva e rápida sexa alcanzada; e o escenario máis posíbel é que a humanidade continúe a convivir co  coronavirus con gravidade e mortalidade reducidas. Por tanto, é do interese común da clase traballadora e das capas populares loitar por dar prioridade ás vacinas e tratamentos contra doenzas  infecciosas.

Patentes ou dereitos de propiedade intelectual tiveron un impacto que non facilitou a produción de vacinas como se argumenta, ao contrario, frearon  a  inmunización das masas.

Pero non podemos deixar calquera cuestión relativa á saúde pública á “boa vontade” dos monopolios con fins  lucrativos e á competencia entre eles.

Tendo en consideración e valorizando as accións de solidariedade e cooperación, iniciativas e esforzos desenvolvidos por algúns países, como partidos comunistas e obreiros de todo o mundo, reivindicamos conxuntamente:

– A abolición dos chamados dereitos de propiedade intelectual, nomeadamente patentes, de todas as vacinas e fórmulas de tratamento  COVID-19 utilizadas ou en desenvolvemento, así como a implantación das regulacións legais necesarias para facelo en todos os países.

– A produción, distribución e aplicación de vacinas deben continuar sempre por medios públicos, intensificando a intervención popular. O sistema de saúde público debe ser  ampliado e reforzado inmediatamente.

– Denunciamos a especulación coas vacinas. Toda a información sobre vacinas e formulas de tratamento deben ser presentadas de forma transparente ás organizacións científicas internacionais. A investigación neste campo debe realizarse baixo o  principio da solidariedade e cooperación internacional, e non da competición.

– As campañas anti-vacinas e a des-información non científica deben ser enfrontadas de forma decisiva.

Os pobos deben fortalecer súa loita pola protección da saúde. Precisamos entrar en conflito cos intereses dos monopolios, que sacrifican vidas humanas polo lucro!

 

Asinan:

Partido Comunista de Alemaña , Partido Comunista de Australia, Partido do Traballo de Austria, Tribuna Progresista de Bahrein, Partido Comunista de Bangladesh, Partido Comunista da Bélxica, Partido Comunista de Bohemia e Moravia, Partido Comunista Brasileiro, Partido Comunista do Brasil, Partido Comunista do Canadá, Comunistas de Cataluña, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Comunista dos Traballadores de España, Partido Comunista de Filipinas[PKP-1930], Partido Comunista Francés, Unión do Povo Galego, Partido Comunista de Gran Bretaña, Novo Partido Comunista de Gran Bretaña, Partido Comunista de Grecia, Partido Obreiro Húngaro, Partido Comunista da India(marxista), TUDEH-Irán, Fronte Comunista de Italia, Movemento Socialista do Kazakhstan, Partido Comunista de Luxemburgo, Partido Comunista de México, Partido Comunista de Noruega, Partido Comunista de Paquistán, Partido Comunista de Palestina, Partido Popular Palestino, Partido Comunista Portugués, Partido Socialista Romanés, Comunistas de Serbia, Partido Comunista Sudanés, Partido Comunista de Suazilandia Partido Comunista de Turquía, Partido Comunista de Ucraína, Partido Comunista de Venezuela.