“Non emigramos, expúlsannos” campaña nacional de Vía Galega

O 14 de decenbro Vía Galega convoca concentracións ás 12 da mañá diante dos concellos de máis de 40 cidades e vilas do País, para denunciar a triste realidade da emigración galega.

Baixo o lema “Non emigramos, expúlsannos”, Vía Galega quere lembrar que a pesar da riqueza e dos recursos naturais cós que conta Galiza, milleiras e milleiros de galegos  víronse condenados a ter que marchar lonxe da terra para buscar traballo ou unha mellora nas súas condicións de vida.

Só nos últimos 10 anos emigraron de Galiza 216.413 persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 54 anos.

Esta campaña de Vía Galega inclúe ademais das concentracións, charlas por todo o País e a presentación de mocións sobre a emigración nos concellos e no Parlamento Galego, onde foi rexeitada polo voto em contra do Partido Popular.

Dende a UPG consideramos esta campaña da maior importancia, e chamamos á asistencia tantos aos actos que faga Vía Galega como a xeira de concentracións que terán lugar o 14 de decembro.