Nova edición do Convivio da Cultura Galega

Un ano máis, a IX edición,  a Federación Galiza Cultura convoca o “Convivio da Cultura Galega” en Outeiro de Rei na Casa Museo Manuel María este sábado 9 de xullo. Neste encontro convócanse ao asociacionismo cultural de base  para debater a situación cultural na Galiza e articular e deseñar actuacións en común. O obxectivo é poñer en común todo o bon que se está facer ao longo do País e propor actividades que podan reforzar ese traballo e o día a día das asociacións.

O programa empeza ás 11:30h e iniciase coa realización dunha ofrenda a Manuel María e xa na Carballeira de Santa Isabel terá lugar o concerto da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol coa voz de Uxía. En horario de mañá terá lugar a asemblea de asociacións  e após o xantar de convívio en horario de tarde e conducido por Xurxo Souto terá lugar unha foliada coa participación de Parabéns, Xurxo Souto e Richi Casás, Tradivivas Agra, Birloque Gaiteiros, Airinhos do Fiouco e foliadeir@s do castro.

Animámosvos a participar nesta xornada de Convivio da Cultura Galega.

Programa Completo: