Presentación en Ourense do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira quinta feira, 30 de novembro, ás 20:15h no Café Cultural Auriense de Ourense, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Ler máis

Acto nacional en conmemoración do 40 aniversario da UMG

Após unha xeira de actos en distintas comarcas do país de presentación do número especial deste ano do voceiro da UMG, o Guieiro, que conmemora o 40 aniversario da organización xuvenil do Partido, desde o Comité Nacional da UMG vense de lanzar un grande acto nacional co que dar peche a este ano 2017. Ler máis

Presentación en Pontevedra do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira sexta feira, 24 de novembro, ás 20:00h no Centro Social do Gorgullón en Pontevedra, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Ler máis

Boletín Internacional Nº8

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 8 neste mes de novembro, número adicado, entre outros asuntos, á situación de crise do réxime español da restauración borbónica e a loita das nacións pola súa soberanía coa proclamación da República Catalá e a campaña do BNG a prol das Bases democráticas para unha nova Galiza, así como un apatado especial referido ao pasamento do camarada Bautista Álvarez. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares de información.

Presentación en Compostela do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira terza feira, 14 de novembro, ás 20:00h no Centro Social das Fontiñas en Compostela, iniciamos as presentacións do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Ler máis