Boletín Internacional Nº8

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 8 neste mes de novembro, número adicado, entre outros asuntos, á situación de crise do réxime español da restauración borbónica e a loita das nacións pola súa soberanía coa proclamación da República Catalá e a campaña do BNG a prol das Bases democráticas para unha nova Galiza, así como un apatado especial referido ao pasamento do camarada Bautista Álvarez. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares de información.

Presentación en Compostela do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

A vindeira terza feira, 14 de novembro, ás 20:00h no Centro Social das Fontiñas en Compostela, iniciamos as presentacións do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Ler máis

Por unha lei galega de educación. Folga no ensino o 16 de novembro

Desde a Unión da Mocidade Galega animamos a todo o estudantado do país a secundar a folga convocada por Erguer. Estudantes da Galiza para este xoves 16 de novembro.A necesidade dunha Lei Galega de Educación, que é a principal reivindicación desta folga estudantil, é unha análise que compartimos o conxunto de organizacións do nacionalismo, como alternativa á LOMCE e ao Plan Boloña. Ler máis

A Revolución Soviética e a cuestión nacional

A Fundación Terra e Tempo conmemora o centenario da Revolución de Outubro de 1917 publicando un número monográfico do Terra e Tempo, que baixo o título A Revolución Soviética e a cuestión nacional analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional. Ler máis

Solidariedade con Cataluña. Non hai cárcere capaz de deter a ansia de liberdade dos povos.

O encarceramento do Vicepresidente, Oriol Junqueras, e de máis de metade do Goberno catalán democraticamente elixido, por cumprir o programa electoral con que obtiveron o apoio popular e por traballar pacifica e democraticamente para dar cumprimento ao mandato popular e exercer o dereito de autodeterminación, evidencia o carácter profundamente antidemocrático e represivo do Estado español. A actuación da Audiencia Nacional mostra a face máis autoritaria do rexime español saído da transición que descobre a cada día o seu carácter neofranquista, cunha xustiza desacomplexadamente ao servizo de obxectivos políticos sen se coidar sequera de simular a tan cacarexada independencia ou a separación de poderes. Ler máis

Saudamos a nova República Catalá. Na hora da liberdade.

A proclamación polo Parlament da República Catalá responde á vontade de democrática do povo de Cataluña de asumir ás rédeas do seu destino e pór cabo á opresión e á dominación do Estado español, iniciando o camiño da independencia e da liberdade. É unha decisión lexítima, precisamente porque parte da vontade popular e do exercicio dun dereito democrático colectivo recoñecido internacionalmente como é o dereito de autodeterminación.

Ler máis

Resolución do Comité Central da UPG sobre o momento político e a actuación a desenvolver

Estamos a vivir un momento político singular, que muda de forma significativa os parámetros do debate político e que exixe, por tanto, tamén unha análise e unha actuación pola nosa parte adecuada ao este contexto. Estamos, sen dúbida, diante da maior crise política do rexime español en máis de 40 anos. Unha crise que, para alén de pór ao descuberto para sectores máis amplos da poboación o seu carácter profundamente antidemocrático, cuestiona directamente a estrutura unitaria e imperialista do Estado español e coloca sobre a mesa o debate sobre os dereitos das nacións. E isto, con este carácter xeral, acontece por vez primeira desde a chamada Transición. É verdade que o debate se está a producir -polo menos no noso País- cunha enorme agresividade política contra o nacionalismo, coa prensa do sistema a facer uso de toda a artillaría de manipulación e desinformación na súa campaña de combate ao soberanismo. Mais isto -que certamente implica unha dificultade- é a máis clara evidencia da profundidade da crise do rexime español e do risco que a independencia da Cataluña -e, en xeral, os movementos de liberación nacional- representan para a súa supervivencia. Ler máis