Condenamos a detención por parte de Israel da deputada palestina e dirixente da FPLP Khalida Jarrar e esiximos a súa liberación inmedita

Diante da detención no día de onte da deputada e dirixente da Fronte Popular de Liberación de Palestina Khalida Jarrar e de outr@s activistas palestinos, a UPG denuncia unha vez máis a política xenocida do estado israelí contra o povo palestino, unha actuación que Israel executa con apoio explícito duns gobernos occidentais que miran cara outro lado. Ler máis

A UPG súmase á homenaxe en Foz ao camarada Xoán Carlos González Basanta

Este sábado 1 de xullo na vila de Foz réndese unha merecida homenaxe ao noso camarada recentemente falecido Xoán Carlos González Basanta, home xeneroso e comprometido que, desde a súa militancia comunista e patriótica, dedicou a súa vida á loita por unha Galiza libre e á defensa da clase traballadora galega. Activista cultural, sindicalista da CIG no ensino, portavoz do BNG en Foz durante anos, todo un exemplo de coherencia e compromiso.

Ler máis

A CIG desenvolve o seu VII Congreso apostando no fortalecemento do sindicalismo nacionalista e de clase

 

Paulo Carril é o novo secretario xeral da CIG, tomando o relevo a Suso Seixo despois de dezaseis anos á fronte da central nacionalista.

O VII Congreso Confederal da CIG, decorrido en Compostela os pasados 27 e 28 de maio concluíu na aposta por seguir a fortalecer o sindicalismo nacionalista e de clase como instrumento para transformación revolucionaria da realidade con rumo a construción dunha Galiza ceive e socialista. O Congreso, que tivo por palabra de orde “Coa CIG somos máis fortes” aprobou por amplísimas maiorías tanto o Informe de xestión da Executiva Confederal saínte, os relatorios de Acción Sindical e Organización, así como a elección das novas Executiva Confederal, Secretaría Xeral e Comisión de Garantías, para as que concorreron candidaturas únicas de integración. Ler máis

En galego sen límites

O 17 de maio decorreu en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación co lema En galego sen límites na que participaron miles de persoas convocadas por Queremos Galego. Ler máis

O Foro Internacionalista da UPG bota a andar debullando a situación na Colombia

Con dúas palestras a cargo do xornalista e activista antiimperialista, Bruno Carvalho, decorridas nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, botou a andar o recén creado Foro Internacionalista promovido pola Unión do Povo Galego. Os actos realizados nas librarías Pedreira e Cartabón, o 27 e o 28 de abril respeitivamente, atinxiron unha asistencia numerosa visando o interese que suscita a cuestión internacional nun contexto global de forte volatilidade. Ler máis