Saúdo enviado a Poble LLiure após as eleccións ao Parlamento de Catalunya

A Poble Lliure:

Camaradas,
Recibide os nosos parabéns polos resultados obtidos nas eleccións ao Parlamento catalán do pasado domingo 27 de setembro pola Candidatura d´ Unitat Popular, organización da que vós formades parte. Uns resultados que supoñen un importante apoio ao traballo que desde hai anos desenvolve a CUP de articulación dunha proposta política independentista e popular para os Paises Cataláns. Ler máis

Saúdo enviado á CUP polo resultado obtido nas eleccións ao Parlamento de Catalunya

Candidatura d´ Unitat Popular:
Països Catalans

Compañeir@s:

Desde Galiza a Unión do Povo Galego quere facervos chegar os seus parabéns polo importante avance das vosas candidaturas nas eleccións do domingo pasado ao Parlamento de Catalunya, uns resultados que permitirán que 10 deputados e deputadas das CUPs leven ao Parlament a voz claramente independentista e de compromiso coas clases populares. Ler máis

50 anos de loita e un proxecto de futuro para a Galiza

Compartimos o documento elaborado no 50 aniversario da UPG

A Unión do Povo Galego (UPG) vén de facer 50 anos de existencia. Medio século de loita constante en prol dun único obxectivo: unha Galiza libre e sen explotación. Un obxectivo que sabemos difícil e complexo. Nada máis e nada menos que o de romper con 500 anos de dominación colonial sobre o noso País, de conquistar a independencia nacional e de construír na nosa patria unha sociedade radicalmente nova, xusta, libre, democrática, igualitaria, unha sociedade socialista. Ler máis