O Povo Curdo precisa de toda a nosa solidariedade

Neste momento o povo curdo mantén unha dura loita de resistencia armada fronte ao invasor Estado islámico que asedia a cidade de Kobane, e diante desta situación a Unión do Povo Galego quere renovar de xeito público o seu apoio solidario a un povo que loita pola súa liberdade, unha liberdade impedida polos catro estados que ocupan o seu territorio. Ler máis

A Funda ción Bautista Álvarez presenta o seu monográfico”50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza”

A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas presentou este mércores no Centro Sociocultural das Fontiñas e o xoves na Galeria Sargadelos de Lugo, un especial do Terra e Tempo, baixo o nome “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza”. Estas presentacións únense á xa realizada en Ferrol e a outras xa previstas en breve polo conxunto da nación. Ler máis

Denunciamos a morte do loitador e patriota Hassanna Luali e esiximos que o Povo Saharaui poda exercer o seu lexítimo dereito de autodeterminación

A Unión do Povo Galego amosa unha vez máis a súa solidariedade coa loita do povo irmán do Sahara Occidental, unha loita que nestes días volta tinguirse de sangue coa morte do loitador e patriota Hassanna Luali, unha nova morte que é consecuencia dos malos tratos sofridos por Hassanna a mans do ocupante marroquí que o mantiña preso na cadea desde 2012 polo delito de participar nunha manifestación pacífica e defender coherentemente os dereitos humanos, dereitos que son vulnerados diariamente polo exército e o governo da monarquía alauita. Ler máis

Boletín internacional nº6

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 6 neste mes de setembro, número adicado ao 50 aniversario da fundación do noso Partido. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares de información.

A UPG é un dos partidos asinantes dunha declaración de solidariedade co povo chipriota cando se cumpren os 40 anos da ocupación de parte do seu territorio

Declaración de solidariedade dos partidos comunistas, obreiros e progresistas pola liberación e a reunificación de Chipre, con motivo do cuadraxésimo aniversario do golpe de Estado , a invasión turca e a ocupación.

– Lembrando que hai corenta anos, en xullo de 1974, a xunta militar de Atenas e o fascista EOKA-B foron tramando un golpe de Estado contra o Presidente electo da República de Chipre, o arzobispo Makarios III, Ler máis