A UPG presente en México no XIX Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade”

Os días 12, 13 e 14 deste mes de marzo, celébrase na cidade de México o Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade” que  desde hai 19 anos analisa a situación internacional e a función das organizacións políticas na construción de sistemas sociais alternativos ao capitalismo. Neste importante foro de debate e reflexión participan representantes de gobernos, organizacións políticas e sociais, analistas internacionais, intelectuais e estudosos de moi diversas materias. Read more

Solidariedade con ASKAPENA e cos cinco internacionalistas vascos

A Unión do Povo Galego quere facer público o seu apoio aos cinco internacionalistas vascos aos que a fiscalía pide seis anos de cadea por traballar pola solidariedade entre os povos. Tamén queremos amosar o noso rexeitamento á petición de ilegalización de Askapena a organización internacionalista vasca que leva 27 anos traballando por estreitar os lazos entre o povo vasco e outros povos do mundo Read more

Após o grande suceso en Compostela da exposición “A Nación Galega en pé. 50 anos da fundación da UPG”, ábrese a exposición tamén en Lugo

Durante o mes de decembro de 2014, e dentro da conmemoración dos 50 anos da fundación da UPG, a Fundación Bautista Álvarez e a A.C. O Galo expuxeron no Pazo de Fonseca de Compostela a mostra “A Nación Galega en pé. 50 anos da fundación da UPG”. Read more

Continúa a represión contra o nacionalismo

Nos últimos días tres camaradas pasaron polo xulgado por participar en actos de protesta.

Compostela, 23 de xaneiro de 2015. A militancia da UPG está a participar activamente na resposta que o povo galego desenvolve fronte ás políticas destrutoras que a Unión Europea, o Estado Español e o propio Goberno Galego están a executar na nosa nación. Froito desa participación activa da nosa militancia é ter que sufrir directamente a represión das estruturas do Estado. Read more

O Goberno Español é cómplice da ditadura marroquí

O goberno español denega o asilo ao activista sahariano Hassanna Aalia condenado a cadea perpetua por un tribunal militar marroquí


A Unión do Povo Galego denuncia a decisión do goberno español de denegar a concesión de asilo político Hassanna Aalia, activista sahariano que foi condenado por un tribunal militar marroquí a cadea perpetua por participar no campamento de protesta pacífica de Gdeim Izik en 2010. Read more

A UPG felicita ao povo cubano pola súa nova vitoria fronte ao imperialismo


De seguido o comunicado que a Unión do Povo Galego transmiteu no día de onte ao Partido Comunista Cubano e ao Consul de Cuba en Galiza: Read more

O Povo Curdo precisa de toda a nosa solidariedade

Neste momento o povo curdo mantén unha dura loita de resistencia armada fronte ao invasor Estado islámico que asedia a cidade de Kobane, e diante desta situación a Unión do Povo Galego quere renovar de xeito público o seu apoio solidario a un povo que loita pola súa liberdade, unha liberdade impedida polos catro estados que ocupan o seu territorio. Read more

A Funda ción Bautista Álvarez presenta o seu monográfico”50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza”

A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas presentou este mércores no Centro Sociocultural das Fontiñas e o xoves na Galeria Sargadelos de Lugo, un especial do Terra e Tempo, baixo o nome “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza”. Estas presentacións únense á xa realizada en Ferrol e a outras xa previstas en breve polo conxunto da nación. Read more

Denunciamos a morte do loitador e patriota Hassanna Luali e esiximos que o Povo Saharaui poda exercer o seu lexítimo dereito de autodeterminación

A Unión do Povo Galego amosa unha vez máis a súa solidariedade coa loita do povo irmán do Sahara Occidental, unha loita que nestes días volta tinguirse de sangue coa morte do loitador e patriota Hassanna Luali, unha nova morte que é consecuencia dos malos tratos sofridos por Hassanna a mans do ocupante marroquí que o mantiña preso na cadea desde 2012 polo delito de participar nunha manifestación pacífica e defender coherentemente os dereitos humanos, dereitos que son vulnerados diariamente polo exército e o governo da monarquía alauita. Read more

Boletín internacional nº6

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 6 neste mes de setembro, número adicado ao 50 aniversario da fundación do noso Partido. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares de información.