Posicionamento da UPG sobre a situación en Siria

Os acontecementos dos últimos días na República Árabe Siria, que remataron coa toma de Damasco por parte de grupos armados liderados polo xihaidismo islamita, e a creación de un goberno provisional liderado polo máximo dirixente do grupo xihaidista máis importante, o HTS, supoñen un paso máis na perigosa escalada de tensión que desde hai meses está a ser provocada polo imperialismo; e vén a sumarse ao xenocidio do pobo palestino por parte do estado sionista israelí e ás agresións que Israel co apoio da OTAN ten perpetrado en Iraq, no Libano, en Irán ou no Iemen. Read more

21 de decembro, acto de conmemoración do 60 aniversario da UPG

O vindeiro sábado 21 de decembro a partir das 18:30h desenvolverase o acto de conmemoración do 60 aniversario da Unión do Povo Galego. O acto terá lugar no Salón de Convencións do CINC na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Read more

A Xunta non pode calar todo un país. Manifestación ALTRI NON!

Este domingo 15 de decembro está convocada unha grande moblización contra a macrocelulosa de Altri na Ulloa, con saída da Alameda de Compostela ás 12h e remate na praza do Obradoiro. Unha mobilización imprescindible contra esta bomba ambiental no corazón da Galiza e na que temos que participar todas as persoas que acreditamos nun futuro para o noso País. Read more

50 anos do asasinato de Moncho Reboiras

O 12 de agosto de 1975, a policía española asasinaba a sangre fría ao noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, derradeira vítima do franquismo en Galiza. A súa morte é o exemplo máis cruel da encarnizada persecución que padeceu a militancia da UPG durante o treito final da ditadura. Unha brutal represión coa que o réxime español pretendía aniquilar a determinación patriótica de quen apostaban na loita por unha Galiza libre, soberana e socialista, así como o seu empeño permanente en dotar ao povo galego de forzas propias, sen dependencias alleas, en todos os ámbitos. Acreditando na autoorganización como único vieiro para as clases traballadoras da Galiza conquistarmos un futuro que o Estado español e a súa clase dominante nos negan.

Read more

Por un nacionalismo forte e plural a camiño da soberanía

Posición da UPG diante da XVIII Asemblea Nacional do BNG

A XVIII Asemblea Nacional do BNG debe ser a oportunidade para definir acertadamente as liñas de actuación para superar con éxito un desafío esencial: una frente nacionalista máis ampla, máis forte, máis plural e con máis presenza e capacidade de influencia social que permita atinxir a hexemonía social, paso imprescindíbel no camiño da soberanía. Read more

Vía Galega convoca actos de izado da bandeira por toda Galiza

A plataforma social “Vía Galega” vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. Vai para tres anos que se fixou como semana de exhibición da bandeira a semana coincidente co aniversario  do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Un ano máis, coincidindo cos 106 anos da efeméride, continúase no empeño de revitalizar os nosos símbolos nacionais e, polo tanto nesta semana do 17 ao 23 de novembro, Vía Galega chama a colocar bandeiras galegas nas nosas vivendas e por toda a xeografía galega.

Read more

Xa dispoñíbel o nº43 do Guiero

Poñemos á disposición pública o último número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o nº43 correspondente a xullo de 2024. Read more

Teses e resolucións aprobadas no 19 congreso da UMG

Compartimos o documento coas teses e resolucións aprobadas no 19º Congreso da UMG. Read more

Mudemos de rumbo. Polo futuro do galego. Concentración este domingo 17 en Compostela

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca un gran acto aberto a todas as entidades e persoas interesadas na defensa da lingua para este domingo 17 de novembro ás 1º2 h na Praza da Quintana en Compostela, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego. Esta mobilización responde aos datos do IGE, que -en palabras do seu voceiro, Marcos Maceira- “certifican a emerxencia linguística extrema que vive a nosa lingua, como consecuencia de non se ter actuado sobre a expulsión e exclusión do galego de todos os ámbitos da vida social”. Read more

Manifesto iniciativa do Partido Comunista Libanés asinado pola UPG

Por iniciativa do Partido Comunista Libanés fíxose público hai uns días un Manifesto en solidariedade cos pobos palestino e libanés, manifesto apoiado por máis de cincuenta partidos comunistas e obreiros de todo o mundo, entre eles a UPG. Read more