Documento aprobado polo Comité Central do 28 de setembro de 2024

Estamos nun momento en que temos, quer como Partido, quer como nacionalismo, desafíos importantes que enfrentar no inmediato. Por una parte, no ámbito do traballo político social e institucional; por outra, nos debates que é preciso desenvolver para construír un BNG máis forte e sólido, mellor organizado e con maior capacidade de influencia e intervención social. Read more

Galiza con Palestina. Manifestación nacional domingo 6 de outubro

A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, conformada pola Asociación Galaico Árabe Jenin, Galiza por Palestina e Mar de Lumes, convocan unha manifestación nacional este domingo 6 de outubro ás 12h na Alameda de Compostela baixo o lema Galiza con Palestina que clamará polas rúas de Compostela pola fin da ocupación e a liberdade de Palestina. Read more

Sobre o agravamento da situación en Oriente Medio

Hai xa case un ano que o estado sionista de Israel vén intensificando a súa agresión contra o pobo palestino, no que xa ninguén pode dubidar xa que é un auténtico xenocidio. Unha agresión que nos últimos meses supera todo o coñecido até o momento en canto a número de persoas mortas e feridas e niveis de destrución, especialmente na franxa de Gaza pero tamén en Cisxordania. Read more

Saúdos internacionais ao XVI Congreso da UPG

Publicamos documento recopilatorio dos saúdos internacionais recibidos ao XVI Congreso da UPG desenvolvido o pasado 7 de xullo de 2024 en Santiago de Compostela. Read more

Actos en lembranza de Bautista Álvarez

Este sábado 14 de setembro terán lugar en San Cibrao das Las, San Amaro, os actos de lembranza ao camarada Bautista Álvarez no seu VII cabodano. Read more

Actos de tributo a Moncho Reboiras 2024

A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 49, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira segunda feira, 12 de agosto, baixo o seguinte programa: Read more

Sobre as eleccións presidenciais en Venezuela

A UPG saúda o pobo venezolano polo exemplo de civismo que deu ao mundo na xornada electoral que decorreu no pasado domingo, tal e como puideron comprobar 900 observadores e acompañantes electorais de 107 países. Este feito demostra a firme aposta pola democracia nun país que desde hai varias décadas vén sufrindo o acoso e a inxerencia externa, que buscan impedir que exerza a súa soberanía, explote os seus inmensos recursos naturais e constrúa o seu propio futuro.

Neste tempo, Venezuela veu sendo albo de operacións de desestabilización promovidas polos EUA coa complicidade da Unión Europea, incluíndo varias tentativas de golpe de estado, que teñen provocado graves danos na economía venezolana debido ao bloqueo económico e á ilegal retención dos activos financieiros do estado venezolano no estranxeiro e por medio de accións violentas, como as guarimbas, coa morte de varios centos de persoas.

Desde hai semanas asistimos a unha nova campaña mediática de intoxicación, que buscaba facernos crer que o proceso político bolivariano estaba derrotado e que era segura unha vitoria da oposición de extrema dereita por unha amplísima maioría. Mais no domingo os venezolanos e venezolanas reelixiron Nicolás Maduro como presidente, demostrando así que a pesar das dificultades non están dispostos a voltar atrás e perder os dereitos conquistados durante estes anos.

A oposición, máis unha vez, négase a asumir a derrota e onte mesmo comezaron a se producir actuacións violentas no país, actuacións que condenamos, e que poden conducir Venezuela a unha nova etapa de inestabilidade e violencia co custo de vidas inocentes.

A UPG parabeniza o PSUV e o presidente Nicolás Maduro polo resultado electoral, agardando que o pobo venezolano poida construír un futuro de paz e prosperidade sen inxerencias externas.

25 de xullo de 2024. 60 aniversario da fundación da UPG

Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do pobo galego a celebrar colectivamente este 25 de xullo o Día da Patria Galega. Este ano 2024 é para a militancia da Unión do Povo Galego unha celebración especial, pois nun 25 de xullo de 1964, fai 60 anos, fundábase o noso Partido en Santiago de Compostela. Read more

60 anos de loita pola soberanía da Galiza e o socialismo. XVI Congreso da UPG

Este domingo 7 de xullo no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, a Unión do Povo Galego, UPG, celebra o seu XVI Congreso. Read more

Revivindo Castelao. 40 anos de silencio e ocultación

Este sábado 29 de xuño a partir das 9:30h no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a Federación Galiza Cultural coa colaboración da Plataforma Social Vía Galega e o propio Museo do Pobo Galego, organizan a xornada “Revivindo Castelao. 40 anos de silencio e ocultación”, coincidindo co aniversario da traída dos seus restos a Santo Domingos de Bonaval. Read more