Novo número do “Guieiro”, voceiro da UMG

Xa está na rúa o número 34 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Neste novo número poderemos atopar unha análise do que supón a UE para a mocidade galega: a súa ruína. Un artigo de Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG, sobre Moncho Reboiras como exemplo para a mocidade. Unha entrevista a Adrián R. Bravo, o novo Secretario Xeral da UMG, elixido no XVI Congreso da UMG celebrado o pasado mes de abril en Compostela. O artigo Alexandra Kollontai, aproximación á muller nova. Outro artigo do camarada Xabier P. Igrexas sobre a vixencia do pensamento de Lenin. E finalmente, unha oportuna reflexión sobre a imprescindíbel unidade do movemento estudantil galego.