A guerra non empezou o 24 de febreiro, a guerra intermitente na Ucraína empezou hai tempo.

Alá polo 1991 o grupo musical Os Resentidos cantaban aquilo de “estamos en guerra…hai que reflexionar”, e penso que non é necesaria unha nova guerra para reflexionarmos sobre cara onde vai o mundo; pero comprobo con fonda preocupación que a guerra na Ucraína leva a moitas persoas a facer todo o contrario a reflexionar. Nos últimos días recibín fortes críticas e tamén algún insulto, por manter un posicionamento ao respecto do conflito diametralmente oposto ao que a propaganda mediática impón; supoño que é o custe que debe asumir un cando se empeña en  reflexionar para atopar explicación aos feitos, e asúmoo pois sempre tiven claro que non é bo ser rabaño. Pero ver como moitas persoas, ás que se lles supón capacidade para construír un pensamento crítico, funcionan en base a simples slogans dá medo.

ANTECEDENTES

Putin tomou a decisión de atacar Ucraína, feito condenábel, pois significa sufrimento, morte e destrución. Pero a actual guerra de Ucraína non empezou o 24 de febreiro; esta guerra intermitente empezou hai moito tempo. De ser preciso poñer unha data, diría que empezou en 2013, cando o presidente Viktor Yanukovich tomaba a decisión de adiar a sinatura do acordo de asociación comercial entre Ucraína e a Unión Europea, Aquela decisión de Yanukovich supuxo unha freada en seco no exitoso avance dos EUA cara o leste de Europa. Un avance seguido con entusiasmo pola práctica totalidade dos seus aliados da UE; uns aliados que aplaudiron poucos meses despois, o golpe de estado contra o lexítimo presidente ucraíno naquela revolución de cores chamada Euromaidan. Quen hoxe  fala de goberno democrático en Ucraína está claro que non se lle preguntan ás persoas queimadas na Casa dos Sindicatos de Odessa, nin ao ilegalizado Partido Comunista Ucraíno.

Se nomeo a Yulia Marushevska pouca xente saberá de boas a primeiras de quen estou a falar, pero buscando en internet ese nome aparecerá un vídeo en inglés baixo o título “I Am a Ukrainian”, que recordaremos perfectamente polo impacto que tivo. Vídeo con unha edición moi profesional, no que a protagonista era unha bela moza ucraína, aparentemente desesperada pola situación do seu país; todo con unha posta en escena tan estudada que nos admirábamos de como en circunstancias tan duras era quen de manter a compostura diante da cámara. Yulia Marushevska naquel vídeo facía un chamamento ao mundo, para defender Ucraína fronte ao perigo de caer nunha ditadura como a da unión Soviética. Era febreiro de 2014, era o Euromaidan, era propaganda empregada na guerra psicolóxica, con moitos medios detrás e por tanto moi custosa; propaganda que buscaba conseguir unha marea de apoios a nivel internacional, para unha suposta revolución popular que en realidade non era  máis que unnovo  golpe de estado propiciado por occidente.

Semanas despois viñeron Crimea e o Dombás, coa proclamación das repúblicas populares de Donetsk e Lugansk;  e despois o Protocolo de Minsk, un protocolo incumprido por Kiev, que desde 2015 ten bombardeado en múltiples ocasións a zona, diante das protestas de Rusia e a pasividade do resto do mundo.

Van alá sete anos, sete anos regados co sangue de máis de 14.000 persoas; 14.000 cadáveres, con nomes e apelidos. A maioría desas mortes foron provocadas polo exército ucraíno e as unidades paramilitares de ideoloxía nazi que actúan á luz do día; e todas esas mortes producíronse antes do 24 de febreiro de 2022. Eran mortes como as do Iemen hai seis días, como as do Sáhara o pasado novembro, ou como as que regan Palestina cada mes. Pero xa sabemos que no capitalismo o mercado pon a lei, hai mortes que cotizan á alza e mortes que cotizan á baixa, ou nin sequera cotizan. E o mercado ten decidido que as mortes na Ucraína coticen á alza desde agora, as de antes non contan.

PROPAGANDA PARA OCULTAR OS VERDADEIROS INTERESES

Os EUA, a OTAN e a Unión Europea non defenden nin a democracia nin o dereito do pobo ucraíno fronte ao sátrapa ruso; ese argumento é un simple elemento decorativo, pois de defender a democracia non terían executado uns e apoiado outros o Euromaidan, e non levarían anos botando leña a un lume aceso e cada vez máis vivo.

Tamén son elementos decorativos as referencias de Putin no seu discurso do 24 de febreiro á Gran Guerra Patria, ou a que a súa acción militar é exclusivamente unha resposta ás peticións de axuda das repúblicas populares do Donbás; hai algo máis.

Dicía o teórico da ciencia militar Carl Von Clausewitz que a guerra é a continuación da política por outros medios, pero se creemos na capacidade do ser humano para o diálogo e na capacidade dos pobos para a convivencia, non podemos asumir isto como inevitábel. Debemos manter o NON Á GUERRA, como berro que vaia máis alá dos períodos nos que os medios de comunicación ensinan o sangue e a destrución; pois ese sangue e destrución son só dúas consecuencias das guerras, e para rematar con elas hai que ir ás verdadeiras causas.

Hai persoas que levadas por unha fantasía infantil considera que buscar as causas é poñer un pero ou unha escusa; e pensan que con unha simple pastilla en forma de acción na rede social ou de manifestación puntual na rúa, poden solucionarse os problemas. Pero en calquera enfermidade tratar só os síntomas sen ir ás causas, é un alivio temporal que non impide que o cancro se estenda.

Desde hai trinta anos os EUA e a OTAN, coa complicidade da UE, teñen actuado en distintas áreas do planeta, pero especialmente no leste de Europa, co obxectivo de garantir a súa superioridade e manter o mundo unipolar xurdido despois da caída da URSS. Neste tempo, e sobre todo no actual século,  houbo diversas tentativas para crear contrapesos a ese dominio, contrapesos que non buscaban unha homoxeneidade en canto a modelos políticos ou económicos, senón unha coincidencia en criterios que deberían definir as relacións internacionais: multipolarismo, ausencia de hexemonías e cooperación entre países, destacando os BRICs que tiveron un certo papel durante uns anos. Paralelamente producíronse cambios moi importantes na definición da política exterior de Rusia e de China, e sobre todo no peso desta última na economía e no comercio mundial.

Os acontecementos no leste de Europa e a guerra de Ucraína, non podemos velos como un simple problema de veciñanza; e non estamos tampouco diante de unha nova guerra fría, na que se enfronten dous modelos políticos antagónicos como nos quere facer ver a propaganda. Rusia é un estado capitalista e Putin un claro defensor dese sistema, pero por primeira vez en trinta anos un estado con capacidade nuclear non acata as ordes e decide enfrontarse directamente á OTAN e EUA. Isto lévanos a unha situación de perigo, pero non esquezamos que as autoridades rusas viñan avisando desde hai meses de que a OTAN non podía seguir armando a Ucraína, ao consideralo un perigo real para a súa seguridade; e o 15 de decembro Rusia entregou aos EUA unha proposta de diálogo entre ambos estados, pero recibiu como única resposta o aumento da presión militar e política e a ameaza de sancións.

Estamos diante dun intento de redefinir as relacións entre estados e zonas de influencia e aí atopamos intereses xeopolítcos enfrontados, os EUA que manteñen aínda a hexemonía mundial non aceptan ningún cambio, e levan tempo tensando a corda, coa idea de que só hai dous posíbeis desenlaces, ambos positivos para os seus intereses. Caso de que Rusia dea marcha atrás a figura de Putin sae debilitada ao ameazar pero non actuar; e caso de producirse unha guerra localizada e controlada, a inestabilidade na zona ademais de empantanar a Rusia terá consecuencias negativas para o seu aliado estratéxico, China. Tanto nun caso como noutro os EUA mellorarían a súa posición cara á UE, recuperándose do foxo provocado polos catro anos de Trump. Ademais, un contexto de inestabilidade permanente no leste de Europa suporía un aumento de negocio directo para o complexo militar-industrial dos EUA, e tamén indirecto ao permitir á administración norteamericana avanzar no seu obxectivo, de que o resto de estados da OTAN aumenten de xeito considerábel os seus gastos en armamento.

No conflito existe outro elemento central do que pouco se fala; de manterse os actuais niveis de enfrontamento paralizaríase a construción do NordStream2, gasoduto que de estar rematado permitiría a Rusia abastecer de gas aos países da UE sen ter que seguir pagando millóns de dólares por usar territorio ucraíno no transporte. Non rematar o novo gasoduto ou reducir as vendas é problemático tanto para Rusia como para a Unión Europea, pois a UE importa de Rusia o 40% do gas que consume e calcúlase que esas importacións supoñen máis do 70% do gas que vende Rusia. De darse esa situación estaríamos diante dun novo beneficio para os EUA, que nos últimos anos ten avanzado importantes posicións no comercio do gas licuado, pois pasaría a ter na Unión Europea o seu maior mercado.

A PRESIÓN RUSA

Rusia decidiu que chegou o momento de forzar para que o mundo cambie, e mude a arquitectura que sustenta as actuais relacións internacionais, podendo así asumir un dos papeis protagonistas e garantir a súa propia seguridade. Putin nunca ocultou que ese é un dos seus obxectivos, e considérao o único xeito posíbel de impedir un avance da OTAN que está a piques de completar o círculo. Co ataque a Ucraína busca dar un golpe de man, con unha operación rápida que obrigue a negociar e obter o compromiso de non ampliación da OTAN cara o leste e por tanto de non entrada de Ucraína. Á hora de executar esa medida de forza está claro que Putin ten moi presentes os incumprimentos que houbo con Gorvachov.

Descoñecemos como vai evolucionar o conflito e, no domingo cando remato este artigo, semella que a cousa vai ser máis longa e complexa do que calculaba Putin; pero reducir todo a un enfrontamento entre bos e malos en base a análises simplistas, só serve para agachar os intereses que hai detrás, intereses que unha vez máis teñen como campo de xogo e como balón no que golpear ao pobo, xa sexa o ucraíno, o das repúblicas populares do Dombás ou o ruso.

Hoxe máis que nunca, debemos seguir berrando NON Á GUERRA, esixindo a fin dos combates e de toda inxerencia externa, apostando pola resolución pacífica de calquera conflito, non só no leste de Europa, senón no conxunto do planeta. Unha resolución pacífica dos conflitos, que debe partir do respecto á soberanía de todos os pobos e da defensa da paz; e no caso que nos ocupa debe partir do definido en Minsk, para buscar unha saída ao conflito entre Rusia, Ucraína e as repúblicas populares de Donetsk e Lugansk.

O orixinal atópase no dixital Terra e Tempo : http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=5986&seccion=13