Marcos Maceira Eiras, profesor de xeografía e historia, activista lingüístico e Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e xestor cultural. Foi representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e responsable de Organización dos CAF (1999-2001). Foi un dos coordinadores do Simposio-Homenaxe a Xosé Chao Rego (2004), e do Simposio Internacional Priscilano (2006). Foi secretario (2002-2012) e presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. É membro da permanente da Mesa pola Normalización Lingüística e da xestora de Queremos Galego!. Desde 2007 é o responsable de coordinar a organización do Correlingua.

En abril de 2014 foi elixido presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.