Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Profesor de Ensino Secundario.

Foi Secretario de zona de Vigo e membro da Dirección Nacional de ERGA ademais de representante dos CAF no Claustro da USC e na Xunta da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Membro fundador de Galiza Nova.

Responsábel Comarcal do BNG do Salnés do 1998 ao 2009, integrando neste momento o Consello Comarcal.

Foi membro da Executiva Federal da CIG-ENSINO coas responsabilidades de Relacíons Institucionais e Internacionais, formando parte ademais do Consello Confederal da CIG.

Ten participado en representación do nacionalismo galego en diversos congresos, encontros e seminarios internacionais en países de Europa e América Latina.

É Secretario de Relacións Internacionais da UPG.

Coautor dos libros “ERGA. Un lume que prendeu” (1997) e “Galiza/Poboación e Industria” (2006). Colabora en diversos medios dixitais con artigos fundamentalmente referidos a cuestións internacionais.