Pontedeume, 1976

Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña.

Responsábel da Comisión Nacional da Muller da UPG.

Foi Concelleira da Muller, Servizos Sociais e Sanidade polo BNG en Mugardos na lexislatura 2003-2007, período no que foi Responsábel do BNG da localidade, membro da Executiva Comarcal do BNG de Ferrolterra e membro do Consello Nacional do BNG.

Traballou como preparadora laboral en FADEMGA.

Desde o ano 2005 traballa como técnica de igualdade na Confederación Intersindical Galega, ocupando actualmente o cargo de Secretaria Confederal da Muller e da Formación para o emprego da CIG e membro da súa Executiva Nacional.