Moaña,1993

Traballador da hostalaría e estudante do Grao de Ciencias Sociais na UOC (Universitat Oberta de Catalunya), comezou a militar en Galiza Nova no ano 2015, tras anos de contacto con dita organización e co BNG da vila de Moaña (O Morrazo). Responsable da asemblea de Galiza Nova O Morrazo e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova dende o ano 2015.

Comezou tamén a miltiar nese ano na UMG e actualmente é membro do seu secretariado nacional ostentando a Responsabilidade de Organización.

Membro durante o 2016 e 2017 da asemblea de Erguer Estudantes da Galiza na Coruña, agora desprazado á asemblea do Morrazo.

Actualmente forma parte do grupo de goberno do Concello de Moaña, asumindo a Concellería de Mocidade de dita vila polo BNG