Activista político e social. Participa de diferentes movementos sociais desde 1998, principiando polo movemento veciñal da súa cidade tendo sido Secretario da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo.

Exerceu como Secretario Xeral dos Comités Abertos de Estudantes (organización que posteriormente se integraría nos Comités e Erguer) e fixo parte da Dirección Nacional de Galiza Nova. Na actualidade é Responsábel de Iniciativas Políticas e Comunicación do Consello Local do BNG de Vigo. Milita no sindicalismo nacionalista e de clase, facendo parte da Dirección Comarcal da CIG en Vigo. Foi integrante da equipa técnica da Fundación Moncho Reboiras (FESGA) coa que continúa a colaborar.

Está implicado co grupo de comunicación Sermos Galiza, no que colabora a nivel xornalístico como responsábel da sección Internacional do semanario, amais de ser Secretario do seu Consello de Administración. Publica columnas de opinión en diferentes medios de comunicación e é autor do blogue Contradiscurso (www.contradiscurso.net).

En twitter @contradiscurso (www.twitter.com/contradiscurso)
En Facebook (www.facebook.com/contradiscurso)